Distrito de Bukwa
Aparencia
Coord.: 1°16′N 34°44′L / 1.27, 34.73
(Redirección desde «Distrito Bukwa»)
| Epónimo | Bukwa | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Uganda | ||||
| Rexión | Rexión Leste | ||||
| Capital | Bukwa | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 73.400 (2012) | ||||
| Lingua usada | lingua kupsabiny lingua soga lingua kenyi | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 560,1 km² | ||||
| ISO 3166-2 | UG-220 e UG-218 | ||||
| Sitio web | bukwa.go.ug | ||||
O distrito de Bukwa é un distrito da Rexión Leste de Uganda, denominado así pola súa capital, Bukwa. O censo de poboación do 2002 estimaba a poboación do distrito en arredor de 49.900 habitantes, vivindo a maioría deles na extrema pobreza, sendo tamén campo de disputas entre diferentes grupos étnicos, os karamojong, ao norte, e os turkana e pokot, da veciña Kenya, liortas centradas na gandaría que se remontan aos anos 1950 e 1960.
Limita co distrito de Amudat polo norte, coa República de Kenya polo leste e o sur e co distrito de Kween polo oeste e o noroeste.
Foi creado o 1 de xullo de 2005. Anteriormente o distrito formaba parte do distrito de Kapchorwa. Foi creado a partir do condado de Kongasis.
