Saltar ao contido

Distrito de Rakai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Distrito Rakai»)
Modelo:Xeografía políticaDistrito de Rakai

EpónimoRakai Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 0°45′S 31°25′L / -0.75, 31.42
EstadoUganda
RexiónRexión Central Editar o valor en Wikidata
CapitalRakai Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación346.885 (2024) Editar o valor en Wikidata (70,95 hab./km²)
Xeografía
Superficie4.889 km² Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2UG-110 Editar o valor en Wikidata

Sitio webrakai.go.ug Editar o valor en Wikidata

O distrito de Rakai é un dos distritos da Rexión Central de Uganda, nomeado así pola súa poboación capital, Rakai.

Limita co distrito de Lyantonde polo noroeste, co distrito de Lwengo polo norte, co distrito de Masaka polo nordeste, co distrito de Kalangala polo leste, coa rexión de Kagera da República de Tanzania polo sur, co distrito de Isingiro polo suroeste e co distrito de Kiruhura novamente polo noroeste. Ten unha área total de 4.124 km2. Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación de 404.326 persoas.[1] A agricultura e a gandaría son as principais bases económicas do distrito.

Cabe destacar o comercio existente pola súa proximidade a Bukoba, cidade de Tanzania, mais tamén, o ser o distrito con máis casos de VIH, que é un mal estendido por toda Uganda, pero particularmente afecta fortemente esta área.[2] No 2007, a parte norte do distrito coñecida como Kabula separouse deste para formar o Distrito Lyantonde.

O distrito subdivídese nas seguintes unidades administrativas:

  • Kakuuto
  • Kooki
  • Kyotera
  • Rakai
  • Kyotera
  • Kalisizo
  1. "Rakai District Population Trends 1980 - 2002". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2012. Consultado o 29 de xaneiro de 2012. 
  2. Ugandeses loitan contra a sida, BBC News, 29 de xuño de 2004 (en inglés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]