Saltar ao contido

Granate (mineral)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Granate (mineral)
Información xeral
Fórmula químicaxenérica do grupo: (Ca,Fe,Mg,Mn)3(Al, Fe, Mn,Cr,Ti,V)2(SiO4)3
ClaseSilicato
SubclaseNesosilicatos 9.AD.25 (Strunz)
Sistema cristalinoIsométrico (cúbico)
Propiedades físicas
CorVirtualmente todos agás azul
BrilloVítreo ou resinoso
TransparenciaTransparentes a opacos
Dureza6,5 - 6,75 (Mohs)
FracturaConcoidal a desigual
RaiaBranca
Densidade3,1-4,3 g/ml
Propiedades ópticas
BirrefrinxenciaNon
Índices de refracción1,72 - 1,94
Clasificación
Outros datos
Referencias
Principais países produtores de granates.

Os granates son un grupo de silicatos que se utilizan desde a idade de bronce como pedra preciosa e abrasivo. O seu nome procede do latín granatum e fai referencia ao aspecto e cor dalgúns deles, semellantes aos grans da froita coñecida como granada (Punica granatum). A química dos granates é moi complexa. Considérase a existencia de series de composicións químicas intermedias entre uns extremos que son os que se consideran especies propiamente. Un exemplar dado recibe o nome da especie dominante, ou, se esta non se coñece con certeza, da serie. Así, podemos ter grosularia, andradita ou un granate da serie grosularia-andradita.

Todas as especies de granates posúen propiedades físicas similares e formas cristalinas, pero difiren en composición química. As diferentes especies son piropo, almandino, espesartina, grosularia (variedades da cal son a hessonita e a tsavorita), uvarovita e andradita. Os granates forman dúas series de solución sólida: piropo-almandino-espesartina (piralspita), co rango de composición [Mg,Fe,Mn]3Al2(SiO4)3; e uvarovita-grosularia-andradita (ugrandita), co rango de composición Ca3[Cr,Al,Fe]2(SiO4)3.

Propiedades físicas

[editar | editar a fonte]

Propiedades

[editar | editar a fonte]

As diferentes especies de granates atópanse en gran variedade de cores, incluíndo a vermella, laranxa, amarela, verde, púrpura, marrón, negra, rosa e mesmo case incoloro. Practicamente todas as cores, agás o azul; aínda que as máis prezadas en xoiaría son as de cor granate. As propiedades de transmisión de luz dos granates fan que algúns poidan usarse como xemas. O brillo dos granates pode ser vítreo ou resinoso. Debido a que a composición química dos granates varía, os enlaces atómicos nalgunhas especies son máis fortes que noutras. Como resultado, este grupo de minerais presenta un rango de dureza que vai desde 6,5 a 7,5 aproximadamente. As especies máis duras, como o almandino, adoitan utilizarse como abrasivos.

Unha mostra de granate cor vermella intensa.

Estrutura cristalina

[editar | editar a fonte]
Estrutura cristalina dos granates.

Os granates son nesosilicatos que teñen unha fórmula xeral X3Y2(Si O4)3. O lugar X é usado xeralmente por catións divalentes como (Ca2+, Mg2+, Fe2+) e o Y por catións trivalentes (Al3+, Fe3+, Cr3+) nunha estrutura octaédrica/tetraédrica con [SiO4]4− ocupando o tetraedro.[1] Os granates encóntranse frecuentemente cristalizados en dodecaedros, mais tamén se poden encontrar como trapezoedros (icositetraedro deltoidal). Cristalizan no sistema cúbico (ou isométrico), tendo tres eixes de lonxitudes iguais e perpendiculares entre si. Os granates non mostran exfoliación, polo que a súa fractura é sempre irregular.

Especies de granates

[editar | editar a fonte]

Segundo a IMA (Sociedade Mineralóxica Internacional),[2] considéranse especies de granate os seguintes termos extremos:

NomeFórmulaSistema cristalográficoGrupo puntualGrupo espacial
AlmandinoFe2+3Al2(SiO4)3isométricom3mIa3d
AndraditaCa3Fe3+2(SiO4)3isométricom3mIa3d
CalderitaMn+23Fe+32(SiO4)3isométricom3mIa3d
EspesartinaMn2+3Al2(SiO4)3isométricom3mIa3d
GoldmanitaCa3V3+2(SiO4)3isométricom3mIa3d
GrosulariaCa3Al2(SiO4)3isométricom3mIa3d
HenritermieritaCa3Mn3+2(SiO4)2(OH)4tetragonal4/mmmI41/acd
HibschitaCa3Al2(SiO4)(3-x)(OH)4x (x= 0.2–1.5)isométricom3mIa3d
KatoítaCa3Al2(SiO4)(3-x)(OH)4x (x= 1.5-3)isométricom3mIa3d
KerimasitaCa3Zr2(Fe+3O4)2(SiO4)isométricom3mIa3d
KimzeyitaCa3Zr2(Al+3O4)2(SiO4)isométricom3mIa3d
KnorringitaMg3Cr2(SiO4)3isométricom3mIa3d
MajoritaMg3(Fe2+Si)(SiO4)3tetragonal4/m
or 4/mmm
I41/a
or I41/acd
Menzerita-(Y)Y2CaMg2(SiO4)3isométricom3mIa3d
MomoiitaMn2+3V3+2(SiO4)3isométricom3mIa3d
MorimotoitaCa3(Fe2+Ti4+)(SiO4)3isométricom3mIa3d
PiropoMg3Al2(SiO4)3isométricom3mIa3d
SchorlomitaCa3Ti4+2(Fe3+O4)2(SiO4)isométricom3mIa3d
ToturitaCa3Sn2(Fe3+O4)2(SiO4)isométricom3mIa3d
UvarovitaCa3Cr2(SiO4)3isométricom3mIa3d

De entre eles os máis abondosos,[2] e os que poden observarse en coleccións e museos son:

Nome do mineralCorFórmula químicaMostra
Piropode cor viño tinto a vermello sangueMg3Al2[SiO4]3
AlmandinodouradoFe3Al2(SiO4)3
Espesartinaentre ámbar e ladrilloMn3Al2[SiO4] 3
Grosulariaamarelo terroso. Variantes: hesonita e tsavoritaCa3Al2(SiO4)3
Uvarovitade cor verdeCa3Cr2[SiO4]3
Andraditade cor amarela ou azul escuroCa3Fe2(SiO4)3

Estes seis granates puros teñen entre eles series de solución sólida substituíndo gradualmente uns metais por outros, o que produce os numerosos minerais deste grupo, que aparecen con certa frecuencia nos xacementos xeolóxicos, como son:[2]

Calderitaamarelo escuro ou amarelo-vermello(Mn, Ca)3(Fe, Al)2(SiO4)3
Goldmanitade cor verde-pardaCa3(V, Al, Fe)2(SiO4)3
Hibschitadun pardo case incoloroCa3Al2[(OH)6-1/(SiO4)1.5-2.5]
Katoítaincolora a branca leitosaCa3Al2[(OH)8-6/(SiO4)1-1.5]
Kimzeyitacor parda tirando a negroCa3(Zr, Ti)2[(Si, Al, Fe)O4]3
Knorringitaverde azuladoMg3Cr2[SiO4]3
Majoritapardo amarelado, cunha variante vermello púrpuraMg3(Fe, Si, Al)2[SiO4]3
Morimotoítacor negraCa3(Ti, Fe)2[(Si, Fe)O4]3

Importancia xeolóxica dos granates

[editar | editar a fonte]
Granate var. espesartina, cidade de Putian, Prefectura de Putian, Provincia de Fujian, China

Os granates son minerais claves para interpretar a xénese de varias rochas ígneas e metamórficas por medio da xeotermobarometría. A difusión de elementos é relativamente lenta nos granates comparados con moitos outros minerais e os granates son tamén relativamente resistentes á alteración. Entón, os granates individuais comunmente conservan a zonación composicional que se usa para interpretar o tempo e a temperatura na que creceron. Os grans de granate que teñen falta de zonación composicional interprétanse comunmente como unha homoxeneización por difusión, o cal ten implicacións no historial de tempo e temperatura da rocha matriz.

Uso dos granates

[editar | editar a fonte]

Os granates transparentes e de cores intensas utilízanse como pedra semipreciosa de valor intermedio e nalgúns casos reciben nomes específicos. O "demantoide" é unha variedade de andradita de cor verde e é especialmente apreciado. Tamén se utilizan como xema o granate piropo, coñecido desde hai moitos séculos en Bohemia, e os exemplares transparentes de almandino.

Os granates utilízanse como abrasivo, dado que son máis duros e tenaces que o cuarzo.

  1. Smyth, Joe. "Mineral Structure Data". Garnet. University of Colorado. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2007. Consultado o 12 de xaneiro de 2007.
  2. 1 2 3 Base de datos de minerales: Granates. mindat.org.