Distrito de Butaleja
| Epónimo | Butaleja | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Uganda | ||||
| Rexión | Rexión Leste | ||||
| Capital | Butaleja | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 244.153 (2014) | ||||
| Lingua usada | lingua masaba | ||||
| Creación | 1 de xullo de 2005 | ||||
| ISO 3166-2 | UG-221 e UG-219 | ||||
| Sitio web | butaleja.go.ug | ||||
O distrito de Butaleja é un distrito da Rexión Leste de Uganda, nomeado así pola súa poboación capital, Butaleja.
Limita co distrito de Budaka polo norte, co distrito de Mbale polo leste, co distrito de Tororo polo sueste, co distrito de Bugiri polo sur e co distrito de Namutumba polo oeste.
Este distrito entrou en funcións o 1 de xullo de 2005. Anteriormente era coñecido como condado de Bunyole e formaba parte do distrito de Tororo. O grupo étnico predominante no distrito (85%) son os banyole, unha tribo bantú que fala o lunyole. O lunyole foi listado polo Instituto das Linguas de Uganda da Universidade de Makerere entre as linguas minoritarias en perigo de Uganda. A principal comida dos banyole faise cun tipo de millo miúdo e denomínase obusiima. Outro prato tradicional é o mollo de cogomelo.
Outros grupos étnicos do distrito (15%) son os jopadhola, os bagisu, os basoga, os iteso, os karimojong e os bagwere.
Hai dúas municipalidades no distrito; Butaleja, a capital, e Busolwe, onde se atopa o hospital de Busolwe, unha institución pública con 120 camas. Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación estimada de aproximadamente 157.500 habitantes.
Como a maioría de Uganda, a agricultura de subsistencia é a actividade económica principal do distrito.
