Saltar ao contido

Distrito de Amuria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Distrito Amuria»)
Modelo:Xeografía políticaDistrito de Amuria

EpónimoAmuria Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 2°05′N 33°40′L / 2.08, 33.67
EstadoUganda
RexiónRexión Leste Editar o valor en Wikidata
CapitalAmuria Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación251.653 (2024) Editar o valor en Wikidata (182,09 hab./km²)
Lingua usadalingua kumam
lingua teso Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie1.382 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
ISO 3166-2UG-216 Editar o valor en Wikidata

Sitio webamuria.go.ug Editar o valor en Wikidata

O distrito de Amuria é un distrito da Rexión Leste de Uganda, chamado así pola súa poboación capital, Amuria. Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación de arredor de 183.800 habitantes.

Limita co distrito de Otuke polo norte, co distrito de Napak polo nordeste, co distrito de Katakwi polo leste, co distrito de Soroti polo sur, co distrito de Kaberamaido polo suroeste e co distrito de Alebtong polo oeste.

O distrito foi creado no ano 2005. Anteriormente formaba parte do distrito de Katakwi. Abrangue dous condados: Amuria e Kapelebyong. Ademais do concello de Amuria, posúe os seguintes subcondados:

  • Abarilela
  • Asamuk
  • Kuju
  • Orungo
  • Morungatuny
  • Wera
  • Obalanga
  • Achowa
  • Kapelebyong

Forma parte da subrexión de Teso, lar duns dous millóns e medio de persoas das etnias iteso e kumam.

A actividade económica do distrito baséase na agricultura e a gandaría.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]