Distrito de Budaka
| Epónimo | Budaka | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Uganda | ||||
| Rexión | Rexión Leste | ||||
| Capital | Budaka | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 207.597 (2014) | ||||
| Lingua usada | lingua nyole lingua gwere | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 384 km² | ||||
| Altitude | 1.080 m | ||||
| ISO 3166-2 | UG-217 | ||||
| Sitio web | budaka.go.ug | ||||
O distrito de Budaka é un distrito da Rexión Leste de Uganda, chamada así pola súa capital, Budaka. O distrito cobre unha área de 384 km2. Está a unha altitude sobre o nivel do mar de entre 910 e 1220 m. Segundo o censo de poboación do ano 2002 tiña uns 221.500 habitantes. A súa densidade de poboación era de 372 persoas por km2.
A etnia predominante no distrito son os bagwere.
Limita co distrito de Pallisa polo norte, co distrito de Mbale polo leste, co distrito de Butaleja polo sur e co distrito de Kibuku polo oeste.
Este distrito entrou en funcionamento o 1 de xullo de 2005. Anteriormente formaba parte do distrito de Pallisa, saíndo do condado de Budaka. Consiste nos seguintes sete subcondados:
- Budaka
- Iki-Iki
- Naboa
- Lyama
- Kaderuna
- Kamonkoli
- Kameruka
Economía
[editar | editar a fonte]A agricultura é a principal actividade económica do distrito, ocupando o 86% da poboación segundo o censo do 2002.
Recentemente, abriuse unha fábrica de ladrillos e baldosas en Kamonkoli, da Uganda Clays Limited. A fábrica crese que empregará 200 persoas en pleno funcionamento.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Portal do distrito de Budaka Arquivado 29 de febreiro de 2008 en Wayback Machine.
