Distrito Kyankwanzi
Coordenadas: 01°12′N 31°48′L / 1.200, -31.800
Kyankwanzi District é un distrito da Rexión Central de Uganda. O nome do distrito provén da súa capital, Kyankwanzi. Creouse no ano 2010, sendo anteriormente parte do Distrito Kiboga. A agricultura e a gandaría son as dúas principais actividades económicas do distrito.
Conta cunha poboación total de 147.400 habitantes segundo as cifras subministradas polo censo poboacional levado a cabo durante o ano 2002 en Uganda, cando era subcondado.[1]
Limita co Distrito Masindi polo norte, co Distrito Nakaseke polo leste, co Distrito Kiboga polo sueste, co Distrito Mubende polo sur, co Distrito Kibaale polo suroeste e co Distrito Hoima polo noroeste.
O distrito subdivídese nas seguintes unidades administrativas:
- Mulagi
- Ntwetwe
- Gayaza
- Wattuba
- Butemba
- Nsambya
- Kyankwanzi
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Censo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de maio de 2014. Consultado o 11 de decembro de 2011.