Distrito Napak
Coordenadas: 02°12′N 34°18′L / 2.200, -34.300
Napak District é un distrito na Rexión Norte de Uganda, chamado así pola súa cabeceira, Napak.
Limita co Distrito Abim polo noroeste, co Distrito Kotido polo norte, co Distrito Moroto polo leste e nordeste, co Distrito Nakapiripirit polo sueste, co Distrito Katakwi polo sur, co Distrito Amuria polo suroeste e co Distrito Otuke polo oeste. Napak, a cabeceira, atópase a aproximadamente 80 km ao suroeste de Moroto, a maior poboación da subrexión.[1]
O distrito formouse a partir dun anaco do Distrito Moroto no ano 2010. Forma parte da subrexión Karamoja, que inclúe os distritos Abim, Amudat, Kaabong, Kotido, Moroto , Nakapiripirit e o mesmo Napak.
A subrexión ten unha poboación estimada dunhas 800.000 persoas (2002).
O censo do ano 2002 estimaba a poboación do distrito en 112.700 habitantes.