Distrito Zombo
Coordenadas: 02°30′N 30°54′L / 2.500, -30.900 Zombo é un distrito da Rexión Norte de Uganda, chamado así pola súa poboación principal, Zombo.
Limita co distrito Arua polo norte, co distrito Nebbi polo leste e coa República Democrática do Congo polo sur e oeste. Zombo atópase aproximadamente a 70 km ao sur de Arua, a maior cidade da subrexión.[1] Atópase tamén a 382 km ao noroeste de Kampala, a capital de Uganda, e a maior cidade do país.[2]
O distrito entrou en funcionamento o 1 de xullo de 2009.[3] Anteriormente, formaba parte do distrito Nebbi.
No 2002 tiña unha poboación estimada de 169.000 habitantes.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Map Showing Zombo And Arua With Distance Marker
- ↑ Road Distance Between Kampala And Zombo With Map
- ↑ "Government Names Fourteen New Districts". Arquivado dende o orixinal o 13/03/2012. Consultado o 25/10/2013.
- ↑ "Censo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de maio de 2014. Consultado o 25 de outubro de 2013.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial Arquivado 25 de outubro de 2018 en Wayback Machine.