Dhogs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dhogs
Ficha técnica
Título orixinalDhogs
DirectorAndrés Goteira
ProdutorSuso López
GuiónAndrés Goteira
IntérpretesMelania Cruz
Antonio Durán "Morris"
Miguel de Lira
Carlos Blanco Vila
Iván Marcos
María Costas
MúsicaÓscar Trigo
Germán Díaz
FotografíaLucía Catoira Pan[1]
MontaxeJuan Galiñanes
Andrés Goteira
EstudioGaitafilmes
Pixelfilms
EstreaFestival de Cine Independente de Buenos Aires
Duración85 minutos
OrixeGalicia Galicia
XéneroThriller
Orzamento120 000 €
Na rede
IMDB: tt5612554 Filmaffinity: 942403 Rottentomatoes: m/dhogs Editar o valor em Wikidata

Dhogs é un filme independente galego en lingua galega[2] dirixido polo meirense Andrés Goteira que foi estreado no ano 2017. Trátase do primeiro filme do director,[3] e está protagonizado por Carlos Blanco Vila, Antonio Durán "Morris", Miguel de Lira, Melania Cruz, Iván Marcos e María Costas. Estreouse no Festival Internacional de Cine Independente de Buenos Aires (BAFICI) o 19 de abril de 2017, competindo dentro da sección Vangarda e Xénero deste certame.[4] Trátase do primeiro filme rodado en galego que se estrea no festival de Sitges,[5] o 9 de outubro de 2017.[6] A nivel galego a estrea levouse a cabo no marco do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) o 21 de outubro de 2017.[7]

Argumento

O filme conecta 6 historias paralelas que xiran arredor de diferentes personaxes: unha muller fermosa, un home cunha vida escura, un taxista e un vello ex-militar.

Doghs no OUFF
Elenco de Dhogs xunto con Andrés Goteira na presentación do filme no OUFF.

Produción

O filme contou con financiamento de AGADIC e da Deputación de Lugo, pero tamén se conseguiu parte do orzamento do filme a través da plataforma Verkami,[8] con máis de 400 mecenas. Roduse en varias localizacións de Galicia, como Viveiro, As Pontes, Oleiros e A Coruña, así como no deserto de Tabernas, en Almería.

Galardóns e nomeamentos

Premios Mestre Mateo 2017

Dhogs gañou trece premios, incluíndo mellor filme, mellor director, mellor guión, mellor actor, mellor actriz, mellor actor secundario e mellor actriz secundaria, converténdose no filme máis premiado da historia dos premios.[9] Estaba nomeado a 17 premios en 14 categorías.

Categoría Persoa Resultado
Mellor longametraxe Gañadora
Mellor director Andrés Goteira Gañador
Mellor actor Iván Marcos Gañador
Mellor actriz Melania Cruz Gañadora
Mellor actor secundario Antonio Durán "Morris" Gañador
Mellor actor secundario Carlos Blanco Vila Nomeado
Mellor actor secundario Miguel de Lira Nomeado
Mellor actriz secundaria María Costas Gañadora
Mellor guión Andrés Goteira Gañador
Mellor dirección de produción Suso López Gañador
Mellor dirección artística Noelia Vilaboa Gañador
Mellor montaxe Andrés Goteira e Juan Galiñanes Gañador
Mellor música orixinal Germán Díaz Gañador
Mellor son David Machado e Javier Pato Gañadores
Mellor fotografía Lucía Catoira Pan Gañadora
Mellor maquillaxe e peiteado Ana Coya Nomeada
Mellor deseño de vestiario María Porto Nomeada

Notas

  1. CRTVG (ed.). "Lucía Catoira Pan, directora de fotografía en 'Dhogs' de Andrés Goteira". Consultado o 8 de outubro de 2017. 
  2. "Estrea mundial en Buenos Aires da película 'Dhogs' de Andrés Goteira". Culturagalega.org. 3 de abril de 2017. Consultado o 8 de outubro de 2017. 
  3. Rodríguez, J. C. (6 de abril de 2017). "La película 'Dhogs', del meirense Andrés Goteira, lista para su estreno". Cadena Ser. Consultado o 8 de outubro de 2017. 
  4. El Blog de Cine Español (ed.). "La película “Dhogs”, de Andrés Goteira, se estrenará en el festival internacional de cine independiente de Buenos Aires (BAFICI)". Consultado o 8 de outubro de 2017. 
  5. Dopico, Montse (4 de agosto de 2017). "Andrés Goteira: "Dhogs pregunta se imos quedar, como sociedade, aí sentados sen facer nada"". Praza.gal. Consultado o 8 de outubro de 2017. 
  6. "‘Dhogs’ estréase o 9 de outubro no Festival de Sitges". 5 de outubro de 2017. Consultado o 8 de outubro de 2017. 
  7. "DHOGS | OUFF | Festival de Cine Internacional de Ourense". www.ouff.org. Consultado o 2017-10-29. 
  8. Crea.gal (ed.). "ANDRÉS GOTEIRA". Consultado o 8 de outubro de 2017. 
  9. Academia Galega do Audiovisual (ed.). "A longametraxe Dhogs arrasa nos XVI Premios Mestre Mateo". Consultado o 4 de marzo de 2018. 

Véxase tamén

Ligazóns externas