Dereito informático
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O dereito informático, ten sido analizado dende diversas perspectivas. Por unha parte o Dereito Informático defínese como un conxunto de principios e normas que regulan os efectos xurídicos nacidos da interrelación entre o Dereito e a informática. Por outro lado hai definicións que establecen que é unha rama do dereito especializada no tema da informática, os seus usos, e as súas aplicacións e as súas implicacións legais.
Entre os temas dos que se ocupa o dereito informático poderiamos indicar os seguintes:
- Sinatura electrónica.
- Protección de datos persoais.
- Propiedade intelectual.
- Diñeiro electrónico.
- Notificación por Internet.
- Protección xurídica do software.
- Nomes de dominio.
- Delitos informáticos.
- Comercio electrónico.
- Teletraballo.
- Propiedade industrial.
- Censura en Internet.
- Telecomunicacións.
- Contratos electrónicos.
- Documento electrónico e a lei de procedemento administrativo.