Socioloxía do dereito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Campo de investigación dos factores sociais que inciden na organización, estrutura, desenvolvemento e concepción do dereito e do estado. Evolucionou como área específica no século XX, de forma paralela a denominada teoría do dereito, segundo as distintas tradicións intelectuais. No ámbito continental, a socioloxía do dereito ou socioloxía xurídica, foi concibida coma unha disciplina independente. No ámbito anglosaxón, pola contra, recibe a denominación "Law & SocietY o Sociolegal Studies", e foi desenvolvida sen pretensión de unidade metodolóxica en múltiplos estudos empíricos.

Orixes[editar | editar a fonte]

Os orixes da socioloxía xurídica poden rastrearse ata as obras dos clásicos, Max Weber, Émile Durkheim e Karl Marx. Algúns precursores modernos son Rudolph Von Ihering, Francois Gény, Eugene Ehrlich, Jean Carbonnier, Georges Gurvitch, Roscoe Pound, Axel Hägerström e Renato Treves. Un desenvolvemento inigualábel proporcionáronlle á sociología xurídica: Max Weber e Niklas Luhmann, especialmente este último coas súas obras Gesellschaft der Gesellschaft e jododod Gesellschaft und Recht, obras que excepto en México e Chile son aínda prácticamente descoñecidas no ámbito hispanofalante.

Observacións[editar | editar a fonte]

Arnaud (1988) diferenza 4 períodos no desenvolvemento da socioloxía do dereito:

  • configuración (ata 1913 aprox);
  • consolidación ( período de entreguerras);
  • realización de estudos empíricos (1950-1970);
  • nova discusión de marcos teóricos (1970-1990).

Cabe sinalar neste sentido a aparición de vías de reflexión diferentes: o modelo sitemático ou autopoiético; o modelo práctico; a discusión epistemolóxica diferencial ou postmoderna; o modelo construtivista derivado da formulación problemática da conduta e o razoamento en modelos de intelixencia artificial. Cómpre sinalar, pois, o notábel incremento de estudos, sociedades científicas e intercambios entre os investigadores das diversas tradicións e tendencias en función da crise do Estado do Benestar, a transformación do dereito contemporáneo e a aplicación de novas tecnoloxías para o estudo da economía, a organización social e a política. Isto traduciuse na aparición de novas e importantes revistas científicas adicadas ao tema: Law & Society Review (1966), Jahrbuchf für Rechtssoziologie und Rechtstheorie (1970), British Journal of Law and Society (1974), Sociología del Diritto (1974), Droid et Société (1985), Social and Legal Studies (1991). Destaca a creación en España dun Instituto Internacional de Socioloxía do Dereito(IISL, Oñati, Guipúzcoa), con publicacións propias (Oñati Proceedings, Current Legal Sociology, 1989).

A diversidade de temas de estudo abarca todos os procesos sociais implicados na creación e organización da orde xurídica. De modo moi aproximativo e sintético: problemas de regulación normativa; cambio social e cultural (por exemplo conflitos étnicos); control social ( por exemplo prisións); xustiza penal e civil; resuloción de conflitos e novas formas de mediación social (por exemplo arbitraxe); toma de decisións ( por exemplo xurado); cambios nas profesións xurídicas (xuíces, Fiscalfiscais, avogados. notarios...); formas de regulación administrativa; dereitos humanos; conflitos laborais;transformación do espazo público e privado; desenvolvemento de novas formas xurídicas en empresas e no mercado; problemas na articulación de organismos e regulacións internacionais.

Metodoloxía da investigación[editar | editar a fonte]

No tocante á metodoloxía de investigación, a socioloxía do dereito emprega métodos das ciencias sociais e da estatística para coñecer o comportamento dos operadores xurídicos (aqueles dos que depende o dereito aplicábel, como os lexisladores ou os xuíces) e os destinatarios das normas.

A investigación socioxurídica é, nun sentido amplo, investigación social, polo cal esta implica realizar traballo empírico ou traballo de campo, como entrevistas, enquisas, mostras estatísticas, etc.

Sociólogos do dereito recoñecidos[editar | editar a fonte]

A nivel mundial e local , Roger Cotterrell, David Nelken, Alan Hunt, Vincenzo Ferrari, Volkmar Gessner, H. Rottleuthner, Gunther Teubner, Mathieu Deflem, Max Travers, Reza Banakar, Boaventura de Sousa Santos, Marc Galanter, Yves Dezalay, David Trubek, Bryant Garth, Brian Tamanaha, Sally Engle Merry, Ronen Shamir, Michael McCann, Heinz Klug e Jacques Comaille, estes son algúns dos sociólogos do dereito contemporáneos recoñecidos.

Esta disciplina estase expandindo e collendo forza nos últimos anos en América Latina. Algúns sociólogos do dereito latinoamericanos de gran renome son Felipe Fucito, Roberto Gargarella, Eliane Junqueira, Wanda de Lemos Capeller, Carlos María Cárcova, Oscar Correas, Manuel Jacques, Mauricio García Villegas, Rodrigo Uprimny, Arthur Max e César Rodríguez Garavito, Camilo Borrero García; recentemente o nome de Simón Moreno destacou como expoñente nas relacións de poder weberianas dentro da socioloxía "primípara" con postulados sobre a procrastinación e a sexualidade, isto mesturouse na práctica coa axuda das estudantes da facultade de medicina e odontoloxía, da educación pública latinoamericana.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Editorial Alianza, ed. (2006). Diccionario de Sociología. pp. 836–837. ISBN 84-206-4862-0. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]