Filosofía do dereito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A filosofía do dereito é unha rama da filosofía xeral, polo que presenta os mesmos caracteres que esta. Abrangue as cuestións máis fondas e xerais do dereito, colocando o seu estudo na sistematización xeral dos coñecementos humanos, o que nos permite comprender non só o sentido, ou se se prefire, a significación do xurídico nunha concepción total do mundo e a vida, senón tamén o carácter e fundamentación das disciplinas que o toman por obxecto.

A filosofía do dereito reflexiona sobre a ´´rectitude´´ da xustiza. Así, a filosofía como reflexión teórica entra en contacto co Dereito para profundar nas bases da ciencia xurídica e tamén, sobre a súa finalidade. É unha ferramenta de reflexión sobre os límites do Dereito, sobre a conexión entre ética e xustiza e trata de precisar o concepto de xustiza.

Temas clásicos da filosofía do dereito.[editar | editar a fonte]

Para Alf Ross o obxecto da filosofía do Dereito é a ciencia do Dereito. A filosofía do Dereito está xerarquicamente por riba da ciencia do Dereito. A ciencia comprende o estudo do sistema vixente, pero tamén está o aspecto axiolóxico da norma, situación que revisa a Filosofía do Dereito. Os temas que abrangue a Filosofía do Dereito e definidos por García Maynez como temas capitais son:

  • A determinación do concepto de Dereito e dos conceptos xurídicos esenciais (Teoría do Dereito).
  • O referente aos valores que a orde xurídica positiva debe realizar (axioma xurídico)

Relación entre filósofos e xuristas do dereito.[editar | editar a fonte]

O xurista utiliza unha serie de nocións (dereito, norma, suxeito, relación xurídica, xustiza, etc), que da por supostas; en cambio, o filósofo do Dereito, encara como problema o que é un presuposto para o xurista, tratando de chegar a un esclarecemento cabal deses conceptos. Así, por exemplo, o concepto de Dereito é un problema cuxa solución pertence á filosofía xurídica e non ás ciencias xurídicas.

Desta maneira, unha vez percorrido o amplo periplo da filosofía xurídica, lógrase un coñecemento pleno do Dereito, así como a fundamentación das diversas disciplinas que a el se refiren, é dicir, o coñecemento dos seus peculiares enfoques, métodos adecuados, etcétera, tarefa que tamén lle corresponde á Filosofía do Dereito.

As ramas da filosofía e a súa aplicación na filosofía do dereito:[editar | editar a fonte]

De acordo con Hoffding as cuestións filosóficos fundamentalmente son catro:

Metafísica[editar | editar a fonte]

É a ciencia que ten por obxecto propio o obxecto común das demais e como principio o que condiciona a validez dos demais. A metafísica implica unha análise completa e exhaustiva de tódalas ciencias nas súas relacións de coordinación e subordinación, así como das súas tarefas e límites.

Ontoloxía[editar | editar a fonte]

A ontoloxía estuda os caracteres fundamentais que todo ser ten e que non pode deixar de ter. Na ontoloxía xurídica estúdase o ser do Dereito.

Lóxica[editar | editar a fonte]

É a ciencia dos pensamentos e da razón, estuda os pensamentos en canto ás súas formas mentais para facilitar o raciocinio correcto e verdadeiro. A lóxica xurídica ocúpase de aplicar a lóxica ao campo do Dereito, coas súas peculiares características e principios esenciais.

Ética[editar | editar a fonte]

A ética é a ciencia da conduta, analiza a moral e as obrigacións do home. A ética xurídica céntrase en analizar as condutas xurídicas.

Metodoloxía[editar | editar a fonte]

Ciencia do método; conxunto de métodos que se seguen nunha investigación científica ou unha exposición doutrinal. A metodoloxía xurídica é para a ciencia do Dereito o que a metodoloxía xeral para as disciplinas científicas. É unha reflexión de segunda orde, ocúpase de describir os métodos aceptados pola xurisprudencia (dogmática xurídica).

Axioloxía[editar | editar a fonte]

A axioloxía é recoñecida como a teoría dos valores. A axioloxía xurídica, tamén chamada deontoloxía ou estimativa xurídica, ten por obxecto indagar o valor do xurídico. Na axioloxía investígase qué vale o dereito, qué valor lle da xurisdición, qué sentido persegue e qué xustificación ten o xurídico.

Teleoloxía[editar | editar a fonte]

Doutrina das causas finais. Na teleoloxía do Dereito trátase de esclarecer qué fins persegue o Dereito, cuxa resposta dependerá do punto de vista no que nos situemos.