Coturnix
Coturnix Paspallases, codornas, codornices Rango fósil: plioceno - actualidade [1] | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Paspallás común Coturnix coturnix | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
|
Coturnix é un xénero de aves da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos perdicinos, que inclúe varias especies coñecidas vulgarmente como paspallases, codornas ou codornices.[2]
Estas aves están relacionadas filoxeneticamente coas pitas do monte, as perdices e os faisáns que, xunto coas especies de Coturnix forman un clado chamado Coturnicinae, dentro da subfamilia dos perdicinos.[3]
Características
[editar | editar a fonte]Os paspallases do xénero Coturnix, propios do Vello Mundo, viven en parellas ou en pequenos grupos sociais, e forman grupos máis grandes durante as migracións (aínda que non todas as especies migran). A maioría son capaces de faceren curtos voos ascendentes moi rápidos para escaparen dos perigos. A diferenza doutros xéneros relacionados, os paspallases do Vello Mundo non pousan nas árbores. Dedican gran parte do seu tempo en fregarse e buscar sementes e invertebrados no solo, dos que se alimentan.
Hábitat
[editar | editar a fonte]Os hábitats típicos son terreos con vexetación densa, como pasteiros, matogueira xunto a ríos e campos de cereais.
Depredadores
[editar | editar a fonte]Son predados sobre todo por pequenas aves de presa, como os falcóns.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1764 polo botánico e zoólogo francés François Alexandre Pierre de Garsault, ou en 1791 polo naturalista, tamén francés, Pierre Joseph Bonnaterre, segundo os autores.[4][5]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome do xénero está tomado do latín clásico cōturnīx, -īcis, 'codorniz',[6] nome derivado do latín preclásico *quocturnix, relacionado coa onomatopea do grito desta ave.[Cómpre referencia]
Nomes vulgares galegos
[editar | editar a fonte]Ademais dos xa máis arriba mencionados, sancionados pola Real Academia Galega, en Galicia os paspallases tamén son coñecidos como cuturnís, paspallara, pazpallar e saltagrá.[7]
Especies
[editar | editar a fonte]O Sistema Integrado de Información Taxonómica (ITIS),[5] e mais a UICN,[8] recoñecen oito especies do xénero Coturnix. Pero esta lista foi modificada actualmente pola clasificación de referencia do Congreso Ornitolóxico Internacional (IOC). (Véxase máis abaixo en "Controversia taxonómica"):
- Coturnix adansonii J. Verreaux & E. Verreaux, 1851 – Paspallás azul ou paspallás azul africano.
- Coturnix chinensis (Linnaeus, 1766) – Paspallás chinés, ou paspallás azul chinés.
- Coturnix coromandelica (Gmelin, 1789) – Paspallás da chuvia.
- Coturnix coturnix (Linnaeus, 1758) – Paspallás común.
- Coturnix delegorguei Delegorgue, 1847 – Paspallás arlequín.
- Coturnix japonica Temminck & Schlegel, 1849 – Paspallás xaponés.
- Coturnix pectoralis Gould, 1837 – Paspallás pectoral.
- Coturnix ypsilophora Bosc, 1792 – Paspallás prda, ou paspallás de Tasmania.
Especies extintas
[editar | editar a fonte]Ademais coñécense tamén dúas especies extntas:[9]
- Coturnix gomerae † (Jaume et al., 1993) – Paspallás da Gomera.[10]
- Coturnix novaezelandiae † Quoy & Gaimard, 1830 – Paspallás de Nova Zelandia.[11]
Controversia taxonómica
[editar | editar a fonte]Os expertos do IOC clasifican actualmaente a Coturnix adansonii dentro do xénero Excalfactoria, como Excalfactoria adansonii (Verreaux & Verreaux, 1851),[12] e outros autores en Synoicus, como Synoicus adansonia.[13]
Por outra parte, os expertos do IOC tamén clasifican a Coturnix chinensis no mesmo xénero Excalfactoria, como Excalfactoria chinensis (Linnaeus, 1766),[14] e outros autores no Synoicus, como Synoicus chinensis.[15]
Polo que o número de especies do xénero quedaría reducido a seis.
En Galicia
[editar | editar a fonte]En Galicia a única especie presente do xénero é Coturnix coturnix, onde foi común en tempos pasados, pero está en regresión.[16] Ocupa trigais, pasteiros, outros cultivos e lugares abertos, especialmente en chairas, como na Limia, a Terra Chá e a meseta de Mazaricos e mesmo en zonas de alta montaña, até os 1 500 m de altitude. Na actualidade o seu status en Galicia pode cualificarse de "pouco común ", xa que se esta a producir un lento peo progresivo descenso das súas poboacións desde hai varias décadas, situación que non debe ser atribuída á súa caza, xa que en Galicia esta especie non posúe o atractivo que ten noutros lugares de Europa, e mesmo da Península Ibérica, senón máis ben á destrución de numerosos niños cando a colleita de cereais e de herba para ensilar, así como —probabelmente— á moderna introdución de insecticidas e herbicidas na súa cadea trófica.[17]
Rexistro fósil
[editar | editar a fonte]Unha especie fósil do oligoceno tardío - mioceno tardío do suroeste de Europa e da Europa central foi descrita como Coturnix gallica. E outra, descrita como C. donnezani, estendeuse desde o plioceno temperán até o plistoceno temperán en Europa.
Na gastronomía
[editar | editar a fonte]Desde tempos antigos os paspallases son obxecto de caza en todos os países onde habitan e, nos modernos, tamén se crían en granxas para aproveitar a súa carne e os seus pequenos oviños. Por exemplo, na Península Ibérica, desde a Idade Media, a especie do país, Coturnix coturnix, foi a protagonista de receitas de alta cociña. Este paspallás posúe unha carne moi delicada, fina, suave e tenra, en especial o espécimes salvaxes, xa que presenta texturas algo máis compactas e sabedeiras que as variedades de granxa, que usualmente son da especie Coturnix japonica,[18] que foi domesticada hai máis de 600 anos, e da que se obtiveron, por mutacións, multitude de variedades. Hoxe a súa cría é industrial, tanto para a carne como para os ovos. A femia comeza a poñer á idade de 40 días, e produce o seu propio peso en ovos en 10 días; pode poñeer máis de 200 ovos ao ano. O paspallás xaponés tamén se introduciu, para a caza, nos Estados Unidos e en Europa, o que ocasionou, neste último caso, non poucos problemas pola hibridación con Coturnix coturnix.[19]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Coturnix Garsault 1764 na EOL.
- ↑ paspallás no Dicionario da RAG.
- ↑ Bao, X. K.; Liu, N. F.; Qu, J. Y. et al. (2010): "The phylogenetic position and speciation dynamics of the genus Perdix (Phasianidae, Galliformes)". Molecular Phylogenetics and Evolution 56: 840–847.
- ↑ Genus taxon summary for Coturnix Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine.. AnimalBase.
- ↑ 5,0 5,1 Coturnix Bonnaterre, 1791 no ITIS.
- ↑ coturnix en Dictionary.com
- ↑ Penas Patiño 1995, p. 397.
- ↑ Coturnix na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 22 de xaneiro de 2019.
- ↑ Clements, J. F. 2007. The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology
- ↑ Hume, Julián P.; Walters, Michae (2012). Jim Martin, ed. Extinct Birds. Y & AD Poyser. p. 42.
- ↑ Coturnix novaezelandiae na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 19 de xaneiro de 2019.
- ↑ McGowan, Phil & Madge, Steve (2010): Pheasants, Partridges & Grouse: Including buttonquails, sandgrouse and allies. Bloomsbury. p. 244. ISBN 978-1-4081-3565-5.
- ↑ BirdLife International (2016): Synoicus adansonii na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 19 de xaneiro de 2019.
- ↑ Gill, Frank; Donsker, David, eds. (2018). "Pheasants, partridges, francolins". World Bird List Version 8.1. Unión Ornitolóxica Internacional. Consultado o 19 de xaneiro de 2019.
- ↑ BirdLife International (2016): Synoicus chinensis na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 19 de xaneiro de 2019.
- ↑ Penas Patiño et al. 1991, p. 102.
- ↑ Penas Patiño 1995, pp. 397-298.
- ↑ Codorniz en Región de Murcia Digital.
- ↑ Hennache, A. & Ottaviani, M. 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Coturnix |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Coturnix |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hennache, A. & Ottaviani, M. (2011): Cailles, Perdrix et Francolins de l’Ancien Monde. Clères, Seine-Maritime: Éditions W.P.A. France. ISBN 978-2-9512-4673-7.
- McGowan, P. J. K. (1994): "Family Phasianidae (Pheasants and Partridges)". En: del Hoyo, J.; Elliot, A.; Sargatal, J. "New World Vultures to Guineafowl". Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6.
- Johnsgard, P. A. (1999): The Pheasants of the World. 2nd ed. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-1-5609-8839-7.
- Johnsgard, P. A. (1988): The Quails, Partridges, and Francolins of the World. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-1985-7193-3.
- Penas Patiño, Xosé M., Carlos Pedreira López e Carlos Rodríguez Silvar (1991): Guía das aves de Galicia. A Coruña: Bahia Edicións. ISBN 84-8767-406-2.
- Penas Patiño, X. M. (1995): "Coturnix coturnix (Linn.) Paspallás". En: VV. AA. Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo II, Aves. Santiago de Compostela: SGHN / CCG. ISBN 84-8717-289-X.