Saltar ao contido

Oligoceno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oligoceno
Paleóxeno Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Composto por
Datas
 Data de comezo
hai 33.900.000 anos Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
hai 23.030.000 anos Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Precedido por
 Sucedido por
Identificadores
Freebase/m/05k_2 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons
Sedimentos do oligoceno en Colorado.

O Oligoceno, unha división da escala temporal xeolóxica, é a terceira e última época xeolóxica do período Paleóxeno na era cenozoica.

Comezou hai 33,9 ± 0,1 millóns de anos e finalizou hai 23,03 millóns de anos.[1][2]

O oligoceno considérase a miúdo como un momento de transición entre o mundo tropical arcaico do Eoceno e os ecosistemas de aspecto máis moderno do Mioceno.[3] O cambio máis significativo dos ecosistemas do oligoceno foi a expansión global dos pasteiros e unha regresión dos bosques tropicais da franxa ecuatorial.

O comezo do oligoceno está marcado por un grande evento de extinción, unha substitución da fauna de Europa por outra de Asia, excepto para as familias endémicas de roedores e marsupiais, coñecida como a "Gran Ruptura de Stehlin ". O límite oligoceno-mioceno non está marcado por un evento tan facilmente identificábel, senón máis ben por límites rexionais entre o máis cálido oligoceno tardío e o relativamente frío mioceno. A extinción que tivo lugar no oligoceno non foi moi severa, pero eliminou os enormes Titanotheres.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome oligoceno, cuñado polo xeólogo alemán Heinrich Ernst von Beyrich provén das palabras gregas ὀλίγος olígos, 'pouco' e καινός kaínos, 'novo', 'recente', e fai referencia á escaseza de novos grupos modernos de mamíferos en comparación coa explosión evolutiva que estes animais tiveron no Eoceno.

Subdivisións

[editar | editar a fonte]

A Comisión Internacional de Estratigrafía recoñece as seguintes idades xeolóxicas do Oligoceno:[1][2]

  • Chattiano: empezou hai 28,4 ± 0,1 millóns de anos. Estratigraficamente, o seu inicio está marcado por foraminíferos planctónicos e pola extinción do xénero Chiloguembelina. Durante este período tivo lugar a maior erupción volcánica individual coñecida: a erupción de Fish Canyon en La Garita.[5] que sucedeu hai 27,51 millóns de anos.[6] Esta idade xeolóxica acabou hai 23,03 ± 0,1 millóns de anos e o seu nome, acuñado en 1894 polo xeólogo alemán Theodor Fuchs, fai referencia aos Chatti, unha tribo da antiga Xermania.[7]
  1. 1,0 1,1 Global Boundary Stratotype Section and Point (GSSP) of the International Commission of Stratigraphy, Status on 2009.
  2. 2,0 2,1 International Stratigraphic Chart, 2008
  3. Haines, Tim; Walking with Beasts: A Prehistoric Safari, (New York: Dorling Kindersley Publishing, Inc., 1999)
  4. Rohde, Robert A. (2005): "Rupelian ICS Stage" en GeoWhen Database International Commission Stratigraphy.
  5. Mason, Ben G.; Pyle, David M. e Openheimer, Clive (2004): "The size and frequency of the largest explosive eruptions on Earth", Bulletin of Volcanology, 66 (8): 735-748
  6. Lanphere, Marvin A. e Baadsgaard, H. (2001): "Precise K-Ar, 40Ar/39Ar, Rb-Sr and U/Pb mineral ages from the 27.5 Mi Fish Canyon Tuff reference standard", Chemical Geology, 175 (3-4): 653-671
  7. Rohde, Robert A. (2005): "Chattian ICS Stage" en GeoWhen Database International Commission on Stratigraphy.

Véaxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Holmes, T. (2008): Age of Mammals: The Oligocene and Miocene Periods. Chelsea House Publications. ISBN 978-0-8160-5964-5
  • Prothero, D. (1994): The Eocene-Oligocene Transition: Paradise Lost. Columbia University Press. ISBN 0-231-08091-3
  • Prothero, D. e Emry, R. (1996): The Terrestrial Eocene-Oligocene Transition in North America. Cambridge University Press. ISBN 0-521-43387-8

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]