Unión Ornitolóxica Internacional
Unión Ornitolóxica Internacional | |||
---|---|---|---|
Tipo | asociación ![]() | ||
Obra salientable | IOC World Bird List (en) ![]() ![]() | ||
Actividade | |||
Campo de traballo | Ornitoloxía ![]() | ||
Produtos
| |||
Data | |||
Fundación | 1884 ![]() | ||
Localización | |||
Estado | Estados Unidos de América | ||
Estado federado | Luisiana | ||
Parroquia | Paróquia de East Baton Rouge (pt) ![]() | ||
Cidade | Baton Rouge ![]() | ||
País | Estados Unidos de América ![]() | ||
Sede | Luisiana ![]() | ||
Ligazóns | |||
Páxina WEB | internationalornithology.org ![]() | ||
Correo | mailto:info@internationalornithology.org ![]() | ||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
A Unión Ornitolóxica Internacional (en inglés International Ornithologists' Union), anteriormente coñecida como Comité Ornitolóxico Internacional (International Ornithological Committee), é un grupo que reúne a uns 200 ornitólogos de todo o mundo que é o responsábel de organizar os Congresos Ornitolóxicos Internacionais e outras importantes actividades ornitolóxicas, como a de fixar a clasificación das aves.
Esta organización é membro da da Unión Internacional de Ciencias Biolóxicas (International Union of Biological Sciences).
Congreso Ornitolóxico Internacional
[editar | editar a fonte]O Congreso Ornitolóxico Internacional é a maior e máis antiga reunión de ornitólogos. O primeiro congreso realizouse en 1884, e seguiuse celebrando de forma irregular até 1926, desde cando se reúne periodicamente cada catro anos, coa excepción dos dous correspondentes ao período da segunda guerra mundial e á súa inmediata posguerra.
Reunións
[editar | editar a fonte]- 1884: Viena, Austria
- 1891: Budapest, Hungría
- 1900: París, Francia
- 1905: Londres, Reino Unido
- 1910: Berlín, Alemaña
- 1926: Copenhague, Dinamarca
- 1930: Ámsterdam, Países Baixos
- 1934: Oxford, Reino Unido
- 1938: Rouen, Francia
- 1950: Uppsala, Suecia
- 1954: Basel, Suíza
- 1958: Helsinqui, Finlandia
- 1962: Ithaca, Nova York, Estados Unidos
- 1966: Oxford, Reino Unido
- 1970: A Haia, Países Baixos
- 1974: Camberra, Australia
- 1978: Berlín, Alemaña
- 1982: Moscova, Unión Soviética
- 1986: Otava, Canadá
- 1990: Christchurch, Nova Zelandia
- 1994: Viena, Austria
- 1998: Durban, Suráfrica
- 2002: Pequín, China
- 2006: Hamburgo, Alemaña
- 2010: Campos do Jordão, Brasil
- 2014: Toquio, Xapón
- 2018: Vancouver, Canadá
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carroll, John Edward: (1990): International environmental diplomacy: the management and resolution of transfrontier environmental problems. Cambridge, Reino Unido: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5213-9564-9.
- Hoffman, Andrew J. and Marc J. Ventresca, eds. (2002): Organizations, policy and the natural environment: institutional and strategic perspectives. Palo Alto, California, Estados Unidos de América: Stanford University Press. ISBN 978-0-804-74196-5.