Saltar ao contido

Cornelius Vermeule

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCornelius Vermeule
Nome orixinalCornelius Clarkson Vermeule
Biografía
Nacemento10 de agosto de 1925
Orange, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte27 de novembro de 2008 (83 anos)
Cambridge, Massachusetts.
Director de museo
1970 – 1996 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidade Estadounidense.
Educación Universidade Harvard.
Q89547790Director do Museo de Belas Artes de Boston.
Actividade
Campo de traballoAntropoloxía, numismática, historia da arte, museoloxía, arqueoloxía, estudos clásicos.
Ocupaciónantropólogo, erudito clásico, conservador, arqueólogo, historiador da arte Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Míchigan
Bryn Mawr College
Museum of Fine Arts, Boston Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeEmily Dickinson Townsend (1957). Editar o valor en Wikidata
FillosBlakey Vermeule.
Adrian Vermeule. Editar o valor en Wikidata
PaiCornelius Clarkson Vermeule II Editar o valor en Wikidata
Premios
Bolsa de estudos Guggenheim.

Cornelius Clarkson Vermeule, nado en Orange, Nova Jersey,[1] o 10 de agosto de 1925 e finado en Cambridge, Massachusetts, o 27 de novembro de 2008, foi un especialista estadounidense na arte antiga, numismático e conservador de Arte Clásica do Museo de Belas Artes de Boston entre 1957 e 1996, institución que tamén dirixiu de xeito interino.

Nalgunhas das súas publicacións e en diversas doazóns de fondos ao Museo de Belas Arte de Boston, utilizou os pseudónimos de Wentworth Bunsen, Isao Tsukinabe et Northwold Nuffler.[2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación

[editar | editar a fonte]
O seu bisavó, Cornelius Clarkson Vermeule I, en 1917.[4]

Cornelius Clarkson Vermeule pertencía a unha coñecida familia de servidores públicos. O seu avó, Cornelius Clarkson Vermeule I (1859-1950) foi un destacado enxeñeiro civil e o seu pai, Cornelius Clarkson Vermeule II (1896-1943) dirixiu a Administración de Obras e Servizos de Nova Jersey e participou como comandante na primeira guerra mundial. A súa nai chamábase Catherine Sayre Comstock (1894-1996).[2][3]

Vermeule iniciouse no coleccionismo numismático durante unha estadía en Inglaterra na súa infancia en 1934. Tanto o seu pai como o seu avó foran tamén coleccionistas, e el acabou herdando a colección familiar, que seguiu a cultivar ao longo da súa vida. Antes da súa etapa universitaria, traballou durante un tempo na casa de poxas Stack's, en Nova York, onde, no canto de recibir un pagamento en metálico, lle pagaban con moedas da antiga Roma.[3]

Ingresou na Universidade Harvard en 1943. Nese mesmo ano, o suicidio do seu pai, por unha parte,[5] e a continua escalada da segunda guerra mundial, por outra, levárono a ingresar tamén nas Forzas Armadas dos Estados Unidos. No exército estudou xaponés e foi enviado ao Pacífico, onde permaneceu despois da guerra como experto lingüístico, ata acadar o grao de capitán. Finalizado este período, obtivo a súa licenciatura na Universidade Harvard en 1947 e o seu mestrado en 1951, coa dirección de George M. A. Hanfmann. Posteriormente viaxou a Europa, onde se doutorou en 1953, na Universidade de Londres.[2][3][6]

Carreira profesional

[editar | editar a fonte]

Entre 1953 e 1955 foi profesor de Belas Artes na Universidade de Míchigan, e logo trasladouse ao Bryn Mawr College, en Bryn Mawr, Pensilvania,[6] onde exerceu como profesor de Arqueoloxía ata 1957, ano en que foi nomeado conservador das coleccións clásicas do Museo de Belas Artes de Boston. Baixo a súa responsabilidade como conservador producíronse adquisicións tan relevantes como de dous grandes vasos que representaban a caída de Troia e a morte de Agamenón, así como un retrato romano dun ancián e unha machada dobre de ouro minoica.[3] Dun período máis recente, Vermeule sinalou que unha das súas adquisicións favoritas fora un autorretrato de Paul Cézanne.[2][6]

En 1968 acadou a presixiosa bolsa de formación Guggenheim á investigación en belas artes.[7] En 1970 —e noutras diversas ocasións nesa década— Vermeule asumiu en diversas ocasións a dirección interina do Museo de Belas Artes de Boston, e xubilouse en 1996.[3][6] Ao longo da súa traxectoria nesta institución formou varios conservadores relevantes, entre eles Marion True, do Getty Center, e Carlos Picon, do MET.[2]

Entre 1960 e 1964, en paralelo a súa dedicación ao Museo, Vermeule foi tamén profesor de Belas Artes no Smith College, en Northampton, Massachusetts. e no curso académico 1973-1974 foi profesor visitante da Universidade Yale.[2]

A colección Vermeule

[editar | editar a fonte]

Ademais da súa pola súa traxectoria académica, Vermeule destacou tamén pola súa importante colección numismática e de antigüidades. En ocasións foi considerado un "coleccionista agresivo" e foi acusado de se situar nos límites da legalidade e da ética, por adquirir pezas de procedencia dubidosa, utilizar prácticas ilegais e vincularse a persoas relacionadas co tráfico ilícito.[2]

O 23 de xuño de 1999, a compañía de poxas Classical Numismatic Group sacou á venda a colección de moedas romanas de Vermeule, cuxos beneficios se dedicaron ao departamento clásico do Museo de Belas Artes de Boston.[8] As moedas de ouro do Imperio Romano foron incluídas na venda Triton III, celebrada en novembro e decembro de 1999.[3][9] O resto da súa colección numismática incluíuse nun catálogo de venda da compañía Stack's para o 11 de setembro de 2001.[3][10]

Vida familiar

[editar | editar a fonte]

Vermeule casou o 2 de febreiro de 1957 coa arqueóloga Emily Dickinson Townsend (1928-2001), daquela estudante de posgrao na Universidade Harvard que chegou a ser unha erudita dos estudos clásicos e catedrática na mesma universidade.[2][6][11][12] Tiveron un fillo e unha filla que proseguiron a dedicación académica dos seus pais: Emily Dickinson Blake Vermeule como profesora de Literatura inglesa na Universidade Stanford,[13] e Adrian Vermeule como profesor de Dereito en Harvard.[3][14]

Cornelius Vermeule finou aos 83 anos o 27 de novembro de 2008, por mor das complicacións dun derramo cerebral,[2][6][15][16] no hospital Mount Auburn de Cambridge, Massachusetts.[3]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dos traballos monográficos publicados por Cornelius Vermeule ao longo da súa traxectoria académica:

  • (1953). Japanese Coinage (con Norman Jacobs). Numismatic Review. [reimpresión de Ishi Press (2009). ISBN 9784871878722]
  • (1954-1955). "Modern Japanese and Chinese coins in the British Museum". En Numismatic Chronicle. Parte I (1954), páxinas 186-196 / Parte II (1955), páxinas 215-221.
  • (1956). A Bibliography of Applied Numismatics in the Fields of Greek and Roman Archaeology and the Fine Arts, Spink & Son, Londres.
  • (1964). Old Bodrum. Somerset Society. [co pseudónimo Isao Tsukinabe]
  • (1964). European Art and the Classical Past. Harvard University Press. ISBN 9780674269507
  • (1971). Numismatic Art in America. Harvard University Press. ISBN 978-0-674-62840-3
  • (1973). Catalogue of the Ancient Art in the J. Paul Getty Museum. The larger statuary, wall paintings and mosaics (con Norman Neuerberg). Paul Getty Museum.
  • (1977). Greek sculpture and Roman taste. The purpose and setting of Graeco-Roman art in Italy and the Greek Imperial East. University of Michigan Press. ISBN 978-0472089406
  • (1987). The cult images of imperial Rome. Bretschneider. ISBN 88-7689-013-0
  • (2001). Art and archaeology of antiquity. Pindar Press. ISBN 1-899828-10-9
  1. Outras fontes sitúan o seu nacemento en Queenstown, Irlanda. Véxanse "C C Vermeule". The British Museum, e "Vermeule, Cornelius C., III". Dictionary of Art Historians (Arthistorians.info).
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 "Vermeule, Cornelius C., III". Dictionary of Art Historians (Arthistorians.info).
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 Smith, P. (2023).
  4. Sackett, W. E. ed. (1918). Scannell's New Jersey's First Citizens. Vol I. Scannell, Paterson, N. J.. Páxina 514.
  5. "Former PWA Chief Found Dead on Ferry, Apparently a Suicide". En The New York Times. 8 de agosto de 1943. Páxina 32.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 "Cornelius C Vermeule III, 83, Curator Of Classical Antiquities At MFA". En Antiques and the Arts Weekly (antiquesandthearts.com). 6 de decembro de 2008.
  7. "1968 Guggenheim Fellowship". Awardsandwinners.com
  8. "The Cornelius C. Vermeule III Collection". En Mail Bid Sale 50. Classical numismatic Group. 23 de xuño de 1999.
  9. "Triton III. November 30th & December 1st, 1999". Classical Numismatic Group, Nova York, 1999.
  10. "The Cornelius Vermeule III Collection". Stack's. Nova York. 11 e 12 de setembro de 2001.
  11. Honan, W. H. (2001). "Emily Vermeule, 72, a Scholar Of Bronze Age Archaeology". En The New York Times. 23 de febreiro.
  12. "Emily Townsend is married Here; Bryn Mawr Instructor Bride of Cornelius Vermeule 3d in St. James' Chape". En The New York Times. 3 de febreiro de 1957.
  13. "Blakey Vermeule". Stanford University. Department of English.
  14. "Adrian Vermeule". Harvard Law School. Harvard University.
  15. Martin, D. (2008). "Cornelius C. Vermeule III, a Curator of Classical Antiquities, Is Dead at 83". En The New York Times. 9 de decembro.
  16. Marquard, B. (2008). "Cornelius Vermeule, at 83; MFA curator jauntily balanced the ancient with modern". En Boston.com. 3 de decembro.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]