Bryn Mawr
Estado | Pensilvania |
---|---|
Capital | Bryn Mawr |
• Poboación | 3779 |
• Total | n/d |
• Total (2010) | ~4000 hab. |
• Densidade | n/d |
Fuso horario | Leste: UTC-5 |
Bryn Mawr é unha localidade no condado de Montgomery no estado estadounidense de Pensilvania. En 2010 tiña unha poboación de 3.779 habitantes.
Historia[editar | editar a fonte]

Bryn Mawr recibe o nome dunha propiedade (estate) preto de Dolgellau en Gales que pertencía a Rowland Ellis, chamada Brynmawr (pronunciado /brɪnˈmaʊər/ escrito tamén Bryn-mawr, que significa "monte alto", é citada como unha das vilas máis altas de Gales, con 460m sobre o mar).
Ellis era un galés cuáquero que emigrou en 1686 a Pensilvania para escapar da persecución relixiosa.[1][2]
Até 1869 e a chegada da Liña Principal da Pennsylvania Railroad, a cidade, situada no antigo Welsh Tract, era coñecida como Humphreysville. A cidade foi renomeada polo axente ferroviario William H. Wilson despois de que adquirise en nome do ferrocarril os terreos que agora compoñen Bryn Mawr.[Cómpre referencia] En 1893, o primeiro hospital, o Bryn Mawr Hospital, foi construído na liña principal polo doutor George Gerhard.[3]En 1892 o país estaba cambaleando baixo unha depresión económica e ao bordo do colapso financeiro, pero o doutor Gerhard desexaba construír un hospital nos crecentes suburbios de Filadelfia. Cando o hospital abriu en 1893, o doutor George Gerhard e o doutor Robert Gamble estaban a cargo das necesidades públicas.
Glenays, unha casa histórica que data de 1859, foi inscrita no Rexistro Nacional de Lugares Históricos en 1977.
Educación[editar | editar a fonte]
En Bryn Mawr hai dúas universidades: o Bryn Mawr College e o Harcum College:
- Bryn Mawr College
- Artigo principal: Bryn Mawr College.
Trátase dunha pequena universidade con tendencia liberal (esquerda) na que ofrecen doutoramentos en arte para as mulleres. Mulleres famosas pasaron por alí como a actriz Katharine Hepburn ou o poeta Marianne Moore. Tamén deu clases alí, e alí faleceu, a matemática Emmy Noether. O filósofo Josep Ferrater Mora foi conferenciante ("lecturer") entre 1949 e 1950, Profesor Asociado de Filosofía ("Associate Professor of Philosophy") de 1950 a 1955, e Profesor ("Professor") de Filosofía de 1955 a 1980.
- Harcum College
É unha universidade privada.
Para os nenos, hai catro escolas primarias: Achievement House Cs, Coopertown EI SCH (preescolar), Harriton SHS e Ithan El SCH (preescolar).
Igrexas[editar | editar a fonte]
Bryn Mawr ten unhas cantas decenas de igrexas entre as que destaca a Church of the redeemer cemetery. Alí están enterrados os Thayer. John B. Thayer era o presidente dos ferrocarrís de Pensilvania e xunto á súa muller e o seu novo fillo de dezasete anos Jack, subiron en 1912 ao Titanic. O señor Thayer faleceu, pero a súa muller e o seu fillo conseguiron salvarse. O mozo Jack morreu en 1945 e foi enterrado en Bryn Mawr. Outras igrexas son
- The church of Redeemer
- The Bryn Mawr presbiterian church
- American Missionary Fellowship
- Sisters Of St Joseph
- Sisters Of The Holy Child Jesus
- Our Mother of Good Counsel
- Sisters Of The Holy Child Jesus
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "BBC - North West Wales History - Quakers in Dolgellau". web.archive.org. 2006-11-08. Archived from the original on 08 de novembro de 2006. Consultado o 2023-01-21.
- ↑ "Awdurdod Parc Cenedlaethol Eryri - Snowdonia National Park Authority". web.archive.org. 2007-09-28. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2007. Consultado o 2023-01-21.
- ↑ "Bryn Mawr Hospital, founded 1893 • A Brief History • The Bryn Mawr 100 • Bryn Mawr, PA 19010". brynmawrpa.org. Consultado o 2023-01-21.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
- Brynmawr (no país de Gales)
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bryn Mawr |