Tráfico ilícito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O tráfico ilícito,[1][2] o tráfico ilegal,[3] ou tráfico ilexítimo,[4] é calquera forma de comercio que non estea permitido legal ou moralmente. Trátase, polo tanto, dun delito (un quebrantamento da lei) ou dunha falta ética. Coñécese como acto ilícito todo acto contrario a dereito. A causa ilícita, por outra parte, é aquela que se opón ás leis ou á moral.

Non hai que esquecer que tamén existe o que se coñece como ilícito administrativo, que se define como o acto ou a conduta que é totalmente contraria ao que establece o dereito, é dicir, o ilícito administrativo é unha infracción a calquera do conxunto de prohibicións que se organizan dentro dos ordenamentos xurídicos ou administrativos, como poden ser as leis o ordenamentos que regulan os impostos, o tráfico de vehículos ou o goberno das administracións públicas. A este respecto destacan, nos últimos tempos, delitos como o tráfico de influencias, o tráfico de persoas ou o tráfico de bens culturais, entre outros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ilícito, do latín illicĭtus, -a, -um, "ilícito", "ilexítimo".
  2. ilícito no dicionario da RAG.
  3. ilegal no dicionario da RAG.
  4. ilexítimo no dicionario da RAG.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]