Conversa usuario:Miguelferig/arquivo2015

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Índice

RE:Outra imaxe OTRS[editar a fonte]

Pois xa non me lembro de como era a outra imaxe que lle puxéramos o do OTRS, pero esta estou pensando que non fai falta poñerllo e incluso é incorrecto. Explícome: ti fixeches unha tradución dunha imaxe que ten unha licenza libre en Commons (e que pode comprobarse a súa licenza co correo do OTRS), pero ese ticket OTRS non é para a túa imaxe, é só para a orixinal. A túa versión non ten necesidade de engadirlle o do OTRS porque simplemente é unha obra derivada dunha obra con licenza libre. Podes quitarlle o couso ese cando queiras, é máis recoméndocho para que non haxa cousas raras no futuro. Xa atopei a outra imaxe, é esta que lle pasa o mesmo. Perdoa pola confusión anterior. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de xaneiro de 2015 ás 17:30 (UTC)

Si, agora está correcto. Cambiei tamén a imaxe, trabuqueime outra vez. Ando fino, fino... :) Saúdos e bo ano! --Elisardojm (conversa) 3 de xaneiro de 2015 ás 02:56 (UTC)

Poro nuclear[editar a fonte]

Boas Miguelfering, estou a revisar os artigos sen referencias e vin o artigo Poro nuclear que creaches no 2011. Como eu non entendo moito disto creo que é mellor que cho diga a ti. Ten un cómpre referencia na sección Tamaño e complexidade cando di:

O complexo do poro nuclear enteiro ten un diámetro duns 120 nanómetros, pero o diámetro da súa abertura (diámetro funcional) é duns 9 nanómetros e a súa "porfundidade" é duns 200 nanómetros.

Se puideras poñer a referencia neste dato poderíamos eliminar a categoría na que se atopa. Grazas e un saúdo! --AMPERIO (conversa) 7 de xaneiro de 2015 ás 18:57 (UTC)

Perfecto, se ti cres que así está mellor a min váleme. Un saúdo.--AMPERIO (conversa) 8 de xaneiro de 2015 ás 10:11 (UTC)

Revolución de Outubro[editar a fonte]

Deixei un comentario na conversa sobre os puntos que mencionas. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 18 de xaneiro de 2015 ás 15:04 (UTC)

Revolución de Outubro[editar a fonte]

Boas Miguelfering, sobre o que comentas do cabezallo do artigo, cres que estaría ben engadir este párrafo?:

As sucesivas derrotas rusas na Primeira Guerra Mundial foron unha das causas da Revolución de Febreiro. No momento de entrada na guerra, todos os partidos políticos mostráronse favorables á participación na contenda, coa excepción do Partido Obreiro Socialdemócrata, o único partido europeo xunto ao Partido Socialista do Reino de Serbia que se negou a votar os créditos de guerra, pero advertiu que non trataría de sabotear os esforzos provocados pola guerra. Tralo comezo do conflito e logo dalgúns éxitos iniciais, o Exército ruso tivo que soportar severas derrotas (en Prusia Oriental, en particular). As fábricas non se mostraron o suficientemente produtivas, a rede ferroviaria era ineficiente e o fornezo de armas e alimentos ao Exército fallaba. No Exército, os partes batían todos os récords: 1.700.000 mortos e 5.950.000 feridos, estalando disturbios e decaendo a moral dos soldados. Estes soportaban mes a mes a incapacidade dos seus oficiais, ata o punto de fornecer a unidades de combate munición non correspondente co calibre da súa arma e a intimidación e os castigos corporais utilizados na mesma.

E esta frase para o explicar de onde xorden os soviets: Os soviets eran unhas asembleas populares de obreiros xurdidas na revolución de 1905 e que tiveron un papel clave para a vitoria bolxevique ra revolución de outubro. --AMPERIO (conversa) 3 de febreiro de 2015 ás 14:16 (UTC)

Proposta[editar a fonte]

Boas Miguel, vexo que levas uns días cos artigos das Interleucinas, non sei se sería de utilidade facer un modelo que recolla todas as que ai para poñelas neses artigos e así sexa máis doado ir de unha a outra. Pregunto desde o descoñecemento, ao mellor é unha barbaridade e non teñen nada que ver unha con outra, pero pensei que podería estar ben facelo. Se che parece ben eu podo axudarte. Saúdos!--AMPERIO (conversa) 4 de febreiro de 2015 ás 12:54 (UTC)

Por certo, grazas polo aviso do fornecemento en Revolución de Outubro, xa o modifiquei. --AMPERIO (conversa) 4 de febreiro de 2015 ás 12:54 (UTC)
En realidade referíame á caixa que se pon abaixo do artigo :) --AMPERIO (conversa) 4 de febreiro de 2015 ás 13:17 (UTC)

Lista de ósos do esqueleto humano[editar a fonte]

Feito, Miguel. Se necesitas algo máis e podo axudar, avisa. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 12 de febreiro de 2015 ás 22:19 (UTC)

sutura lambdoide[editar a fonte]

Miguel. Hai que borrar Sutura lambdoide para mover Sutura lamboidea. Dáme un minuto (para evitar conflitos de edición) e xa o fago. Espero que mo confirmes. Pedro --Lameiro (conversa) 15 de febreiro de 2015 ás 12:55 (UTC)

Feito! Feito! Pedro --Lameiro (conversa) 15 de febreiro de 2015 ás 13:26 (UTC)

Luís I de España[editar a fonte]

Boas Miguelferig, grazas por revisar o artigo de Luís I de España, que non é unha tradución automática, senón que o traducín eu. Se queres podes votar para que sexa destacado na portada en Wikipedia:Artigo destacado/Propostas/Luís I de España. --AMPERIO (conversa) 15 de febreiro de 2015 ás 14:56 (UTC)

Aviso de wikimaratón en Vigo[editar a fonte]

Boas, puxen unha nota na taberna e coméntocho por se che interesa. Tamén pedín un permiso urxente para cambiar o aviso da cabeceira dos artigos, se ves algún problema coméntao alí. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2015 ás 10:12 (UTC)

Opinión[editar a fonte]

Boas! Deixei un comentario na conversa do libro de estilo que fai referencia ás notas nos artigos, se podes e queres podes deixar a túa opinión. Un saúdo! Piquito (conversa) 4 de marzo de 2015 ás 10:16 (UTC)

Doce aniversario da Galipedia[editar a fonte]

Na taberna hai unha nova proposta que pode ser do teu interese.

Esta mensaxe foi enviada coa ferramenta de Mensaxes masivas da Galipedia, se non queres recibir máis mensaxes deste xeito podes borrarte da lista de subscritores aquí. Saúdos.

Nova proposta[editar a fonte]

Boas! Fixen unha nova proposta na taberna, podes vela aquí e opinar. Un saúdo!! Piquito (conversa) 14 de marzo de 2015 ás 22:28 (UTC)

Adaptación do formato dos números no sistema wiki[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova proposta que debe ser votada pola comunidade para saber se é aceptada ou non. Se tes un momento libre precisamos a túa opinión para decidir entre todos a mellor opción. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 16 de marzo de 2015 ás 08:58 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de Mensaxes masivas de MediaWiki, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Artigos de ciencia[editar a fonte]

Boas Miguelferig! Tiña en mente presentar algún artigo sobre ciencia para calidade, pensara no do ácido desoxirribonucleico e no da evolución, ti tes máis idea, como os ves? Son dous artigos importantes e que temos completiños, amais son dous dos 1.000 artigos que toda Wikipedia debera ter, teño que revisalos máis polo miúdo, pero se me dis que non están moi ben me centro noutros que creas que poderían ser bos candidatos. Anímote tamén a que propoñas artigos para calidade se encontras algún que vexas que ten un bo nivel, así non os propoño eu todos :)

Tamén quería propoñerche (se tes interese, claro), mellorar o artigo célula, a ver se o puideramos poñer na portada canto menos, é de calidade na wiki en castelán e en catalán, pero supoño que ti saberás mellor ca min onde mirar e se nesas wikis están o suficientemente ben. Unha aperta e desculpa por ser tan pesado co tema dos artigos de calidade. Piquito (conversa) 18 de marzo de 2015 ás 16:12 (UTC)

Moitas grazas! Mirarei con calma os artigos do núcleo celular e do ADN, para propoñelos para calidade, o da célula paréceme (dentro da miña ignorancia) que lle falta un pouco, sobre todo a nivel de referencias (se cadra son poucas para un artigo tan longo), para ser de calidade. Unha aperta! Piquito (conversa) 20 de marzo de 2015 ás 22:07 (UTC)
Boas Miguelferig! Xa lin o artigo do núcleo celular, na sección de "Dominios PIKA e PTF" hai unha frase que non entendo moi ben (A súa función era e permanece pouco clara, aínda que non se pensa que estean asociados coa replicación activa de ADN, transcrición ou procesamento de ARN), pero pode que sexa cousa miña. Para presentalo a calidae estaría ben que tivera unha sección de bibliografía e/ou ligazóns externas (no artigo en inglés hai ambas), se eso podo copiar eu a sección da Wikipedia en inglés, aínda que creo que ti saberás mellor que libros son máis indicados, por se tes ti algún en mente. Unha aperta!! Piquito (conversa) 23 de marzo de 2015 ás 21:58 (UTC)

lactosa[editar a fonte]

Miguel, unha pregunta: as denominacións azucre do leite, lactina, lactobiosa, para a lactosa, ¿son denominaciòns obsoletas, válidas, ou que? É para completar as correspondentes entradas no Galizionario. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 23 de marzo de 2015 ás 20:50 (UTC)

Como sempre, sabes deixar as ideas máis claras. Por iso os demais andamos sempre a preguntar. Grazas e ata outra. Pedro --Lameiro (conversa) 23 de marzo de 2015 ás 21:57 (UTC)

Primeiras xornadas "Coñece a Galipedia na UDC" e galencontro na Coruña[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova sobre unha actividade da Galipedia na Coruña. Tamén se precisa a túa colaboración para decidir se poñer ou non un aviso sobre a mesma. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 25 de marzo de 2015 ás 12:04 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de Mensaxes masivas de MediaWiki, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Imaxe aparato reprodutor feminino[editar a fonte]

Ola! Estes son os artigos nos que tivemos que substituí-la imaxe do aparato reprodutor feminino cos números, ti que sabes disto, podes revisar que esteñan ben indicados cando teñas un pouco de tempo libre?

Grazas! :D Banjo tell me 9 de abril de 2015 ás 11:06 (UTC)

Mil grazas de novo! Banjo tell me 9 de abril de 2015 ás 11:28 (UTC)

Proposta para reorganizar a páxina de artigos de calidade[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para reorganizar a páxina de artigos de calidade. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 22 de abril de 2015 ás 22:29 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Proposta para cambiar o logo para o Día das Letras[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para cambiar o logo da wikipedia polo Día das Letras. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 13 de maio de 2015 ás 13:40 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Nova nominación de Le Sacre du printemps[editar a fonte]

Boas, por se non te decataches coméntoche que o artigo Le Sacre du printemps, no que votaras para ser de calidade fai un tempo e que non saíra escollido por falta de votos, foi proposto de novo aquí. Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de xuño de 2015 ás 09:39 (UTC)

Non deixes que a UE nos roube a Liberdade de Panorama[editar a fonte]

Boas, na taberna hai un aviso sobre un posible cambio na lexislación europea para cambiar a Liberdade de Panorama que faría que unha gran cantidade das imaxes da Wikipedia tiveran que ser borradas. É importante que coñezas este problema e que actúes dentro do que poidas. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 22 de xuño de 2015 ás 10:17 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Referencias en SIDA[editar a fonte]

Teño que revisar a ver como podemos facer para usar o informe ese da Xunta co sistema de citas. Con {{cita web}} e {{cita informe}} non xera a áncora que usan os {{cita Harvard}} para ligar ahí. Dame un tempo para revisar eso, a ver como podemos adaptalo ahi. Banjo tell me 30 de xuño de 2015 ás 16:53 (UTC)

Case que tes razón. Engadín a mesma referencia no resto de parágrafos, así queda fora de duda de onde proceden os datos. Con iso solucionamos ese punto, o resto que quedan nese artigo amañareinos entre hoxe e mañá, e así xa vai un menos. Grazas polo esforzo :) Banjo tell me 30 de xuño de 2015 ás 17:48 (UTC)

Hippoglossoides platessoides[editar a fonte]

Ola Miguel. Moitas grazas polas túas atinadas observacións. A causa do erro foi que, cando redactei a primeira edición, tiven un problema de conexión con FishBase, que hoxe xa está resolto, polo que estou revisando o artigo e, o primeiro que fixen foi no apartado de "uso e consumo", achegando a referencia necesaria. Na bibliogarfía da que dispoño na casa só tiña, referida a este peixe, á pàrte do discutíbel Vocabulario multilingüe de Lahuerta e Vázquez, é a guía de Muus el al. editada por Omega. Deixei a referencia a este (modificándoa) e, se cres que debe suprimirse, podes suprimila. Así mesmo se tes documentación sobre outros aspectos desta especie, sería moi bo que arrequeceras o artigo. Moitas grazas. --XoioÉche o que hai 17 de xullo de 2015 ás 16:32 (UTC)

Proposta de cambio do logotipo para o Día de Galicia[editar a fonte]

Na taberna hai unha proposta para cambiar o logotipo da Galipedia no Día de Galicia. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 20 de xullo de 2015 ás 11:05 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Axudiña[editar a fonte]

Boas Miguelferig! Como traducirías ti estes versos? To you from failing hands we throw the torch. Be yours to hold it high. Graciñas!! Piquito (conversa) 11 de agosto de 2015 ás 22:36 (UTC)

Moitas grazas! Os versos están tirados deste poema, mais o contexto no que aparece no artigo é como frase motivadora nos vestiarios dos Montreal Canadiens, por se che sirve de axuda. Unha aperta!! Piquito (conversa) 11 de agosto de 2015 ás 23:14 (UTC)
Moitas grazas de novo!! En efecto, os Canadiens fundáronse en 1909 e o poema é de 1915, cando gañaron por primeira vez a Stanley Cup, estaba ben de moda ;) Piquito (conversa) 11 de agosto de 2015 ás 23:39 (UTC)

Noraboa[editar a fonte]

Veño de ver que eres o primeiro usuario que supera a cifra das 100.000 edicións na Wikipedia en galego. Admirable. Noraboa pola dedicación. JonnyJonny (conversa) 5 de setembro de 2015 ás 08:39 (UTC)

Unha axuda en Alzhéimer[editar a fonte]

Boas! Teño unha petición de axuda para ti, que coñeces máis destes temas ca min. No artigo Alzhéimer, na sección Xenética hai un parágrafo sen referencias nin ligazóns internas, o que comeza por En 1987, descubriuse a relación da enfermidade do Alzheimer co cromosoma 21. Isto foi importante.... Se consegues un momento libre, poderías revisar ese parágrafo? Estaría ben asegurarse de que non diga algo que poda ser incorrecto, e atoparlle referencias que apoien o que se di nesa parte. Non corre présa, só se tes oportunidade de revisalo. Moitas grazas, e noraboa polas 100 000. Saúdos Banjo tell me 7 de setembro de 2015 ás 09:59 (UTC)

Vese moito máis estruturado e apañado o da inglesa si, ó noso fáltalle máis traballo do que pensaba. Irei tentando adaptar o artigo a esa estrutura e comparar os contidos para ir mellorandoo pouco a pouco. Non te preocupes polo momento, máis adiante xa che pedirei que lle deas unha nova revisada. Sorte co novo curso :). Saúdos Banjo tell me 7 de setembro de 2015 ás 19:06 (UTC)

RE:Modelo:Chem[editar a fonte]

Mea culpa. Cambiei unha das etiquetas "onlyinclude" por "includeonly" cando cambiei as categorías dos modelos antes pola mañá. Son compatibles, pero hai que poñer a de apertura igual que a de peche, e só cambiara a última. Estaba durmido aínda, tes que desculpar. Quedan correxidas agora, se ves que queda algo incorrecto avísa e bótolle unha nova ollada. Banjo tell me 9 de setembro de 2015 ás 12:14 (UTC)

As veces inflúe a a caché do navegador, sobre todo se traballas a míudo nunha mesma páxina, pode que non recargara ben o modelo. Proba a limpala e abrir as páxinas de novo, deberían aparecer todas ben :) Banjo tell me 9 de setembro de 2015 ás 12:18 (UTC)

Cóbado[editar a fonte]

  • Polos artigos que fas, creo que tes coñecementos do uso de termos especializados na nosa lingua. Nun artigo. cóbado retirei dous termos que aínda que figuran no DRAG como sinónimos penso que non cumprían cos requisitos de uso en textos especializados, agradecía que de non concordares co cambio mo dixeses na miña páxina ou na páxina de conversa:Cóbado para reverter a edición.--HacheDous=0 (conversa) 10 de setembro de 2015 ás 16:02 (UTC)

Markup[editar a fonte]

Veño molestar. Creo que markup estaría mellor traducido coma "etiquetado" ou "etiquetaxe". markup language -> linguaxe de etiquetado, coma en HTML. No caso do ChemSpider, se non me equivoco, engádense etiquetas (tags) aos elementos da base de datos para facilitar as procuras, de ahi que use un markup language. Banjo tell me 10 de setembro de 2015 ás 21:22 (UTC)

O right to fork sería o dereito a ramificación. the right to fork is not guaranteed and the project can't be considered free/open. -> O dereito a ramificación/ramificarse non está garantido e o proxecto non se pode considerar libre/aberto.
Hai moitos termos que a min se me escapan tamén, non porque non os coñeza, pero moitas veces só os coñezo na forma orixinal inglesa. Non ter un estándar oficial para termos informáticos en galego sempre da problemas, e a RAG está a anos luz nestes ámbitos. Calquera dúbida con termos deste tipo aquí estou. Banjo tell me 10 de setembro de 2015 ás 21:56 (UTC)

Proposta para o 2017[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para desenvolver un grupo de artigos relevantes e que podería ser do teu interese. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 17 de setembro de 2015 ás 17:16 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Invitación á entrega do Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova sobre unha invitación para asistir á cerimonia da entrega do Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional concedido á Wikipedia, e que podería ser do teu interese. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 30 de setembro de 2015 ás 11:24 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Calendario de votacións de propostas de políticas e normas para outubro, novembro e decembro[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova conversa sobre unha serie de novas propostas de políticas que se van a votar próximamente. Anímase a tódolos usuarios e editores da Galipedia a revisar a mensaxe e as próximas propostas e participar nas conversas correspondentes para acadar o maior consenso posible. Saúdos! MediaWiki message delivery (conversa) 2 de outubro de 2015 ás 10:41 (UTC)

Anuncio da segunda malla de artigos da Galipedia[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova proposta para organizar a Segunda malla de artigos da Galipecia, e que podería ser do teu interese. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 3 de outubro de 2015 ás 04:09 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Wikipedia:Títulos dos artigos sobre organizacións[editar a fonte]

Boas! Estou a traballar nunha proposta de política para os títulos dos artigos sobre organizacións (nomeadamente partidos políticos e sindicatos, organizacións internacionais, centros educativos e equipos deportivos). Agradeceríache que lle botaras unha ollada e que fixeras os comentarios e achegas que consideraras na conversa. Se adoitas traballar en artigos sobre equipos deportivos a túa axuda sería de especial interese, pois está moi verde o tema. Tamén convén un pulo especial á proposta de partidos. Grazas! --Norrin (Fálame) 16 de outubro de 2015 ás 20:16

Segunda malla de artigos da Galipedia[editar a fonte]

Esta semana, do 19 ó 25 de outubro, ambos inclusive, organízase a Segunda malla de artigos da Galipedia. A idea é que durante esta semana todos traballemos nos artigos con problemas que están na categoría Atención, para amañalos e que non enchan a Galipedia. Nesa categoría hai agora 355 artigos, se cada usuario activo amaña catro artigos remataremos o choio antes de rematar a semana! Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 19 de outubro de 2015 ás 00:31 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Segundo wikimaratón do Día da Ciencia en Galego[editar a fonte]

Na taberna hai unha información sobre o Segundo wikimaratón do Día da Ciencia en Galego que pode ser do seu interese. Tamén hai unha votación para engadir un aviso na cabeceira dos artigos sobre este evento e para a que se solicita a participación da comunidade. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 27 de outubro de 2015 ás 09:54 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Proceso de escolla de artigos bos[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para comezar a revisar o proceso de selección de artigos bos na Galipedia, e que pode ser do seu interese. Nesta fase debateranse os detalles necesarios para permitir a escolla deste tipo de artigos que mellorarán a calidade e visibilidade do proxecto. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 29 de outubro de 2015 ás 11:24 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta para organizar a páxina dos artigos de calidade[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para organizar a páxina dos artigos de calidade na Galipedia, e que pode ser do seu interese. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 11 de novembro de 2015 ás 10:38 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

RE: Canadiens[editar a fonte]

Boas Miguelferig!! Xa arranxei a frase, creo que queda claro agora, foi un residuo de cando fedellei co tradutor automático, vése que se me quedou por revisar algo. Basicamente o que pasou foi que os xogadores dos Tigers fixeron folga para cobrar 200$ máis, o Calder tiña man de ferro e en lugar de negociar suspendeu a todos os xogadores e deulles o título da NHL aos Canadiens, que logo perderon a Stanley Cup. Como podes ver Calder era un tipo "simpático". Un saúdo!! --Piquito (conversa) 12 de novembro de 2015 ás 22:35 (UTC)

Boas de novo!! A frase que dis refírese ao propietario dos Maple Leafs Conn Smythe. O de "inesperado" é pola rivalidade entre Leafs e Canadiens. Máis adiante no parágrafo fálase del ("Smythe non quixo ver desaparecer os Canadiens"), mais parece que non quede clara, que pensas? Debería poñer xa ao principio que foi Smythe? Graciñas polas revisións!! --Piquito (conversa) 13 de novembro de 2015 ás 21:29 (UTC)
Vin as revisións que fixeches, parécenme ben todas, ainda que non sei se a "magnífica actuación" de Tretiak é moi enciclopédico, en calquera caso se alguén o considera así xa se buscará outra opción, pode que sexa impresión miña. É certo que aquí non hai moita afección (máis ben hai moito descoñecemento e pénsase pouco menos que é boxeo sobre xeo :D), pero tamén está ben sacar algún artigo de temas pouco coñecidos para crear algo de interés, por outra banda, creo que ningunha Wikipedia dunha lingua peninsular ten algún artigo de calidade sobre este tema e poderiamos ser a primeira (mesmo en ter máis dun). Unha aperta e moitísimas grazas polo traballo de mellora do artigo :) --Piquito (conversa) 13 de novembro de 2015 ás 21:56 (UTC)

Votacións de propostas de políticas - Actualización a decembro de 2015[editar a fonte]

Ola! Na taberna hai unha nova mensaxe de actualización sobre as votacións de políticas en curso e as próximas votacións programadas. O calendario completo pódese consultar aquí, e podes unirte á lista de mensaxes Usuario:MediaWiki message delivery/Propostas de Políticas para recibir unha mensaxe na túa páxina de conversa cada vez que comece unha nova votación.

A intención desta mensaxe e das consecuentes por medio desa lista é que a maior cantidade de editores posibles estean ao tanto do plan, e poidan colaborar na redacción final con correccións de erros ortográficos, mellora de redaccións ou no caso de non estar de acordo con algo debatilo antes e tentar acadar un consenso previo antes das propias votacións.

Saúdos! Banjo tell me1 de decembro de 2015 ás 09:14 (UTC)

Posibles propostas para calidade[editar a fonte]

Boas Miguelferig! Decidín deixar de facer autopropostas para artigos de qualidade e destacados, mais como quero seguir propoñendo artigos e non teño moito tempo para buscar e a ciencia tampouco é o meu forte, poderías dicirme algún artigo que puidera propoñer? Polo que vin o da quimioterapia ten boa pinta, pero non sei se pode ser un bo candidato (nese tema non teño nin idea); o da evolución me comentaras hai tempo que non tiña moitos conceptos básicos, non sei se segue igual; non sei se algún da lista dos 1.000... Boeno, eu estou disposto a revisar, así que se tes algún xa ou vas traducindo algún que poida ser proposto agradeceríacho, así podemos ir medrando por ese camiño. Moitas grazas, apertas, e a seguir co bo traballo!! --Piquito (conversa) 2 de decembro de 2015 ás 11:29 (UTC)

Boas Miguelferig! Perdoa por tardar tanto en contestarche. MIrarei o artigo que me dis, de todos xeitos, anímote a que propoñas artigos que te poidas atopar, cantos máis usuarios procuremos artigos para propoñer para calidade máis rápido poderemos sumar artigos. Unha aperta e parabéns unha vez máis polo teu trabalho!! --Piquito (conversa) 11 de decembro de 2015 ás 18:53 (UTC)
Boas de novo Miguelferig! Xa propuxen o artigo da fauna de Ediacara, está moi ben, mais se cadra deberías darlle ti que controlas da materia un repaso un pouco máis profundo, xa que eu me encontrei un erro de tradución que viña dun erro da Wikipedia en castelán (en inglés puña "these" e tanto en castelán como en galego se traduciu como "esta" ou "desta", ou "this" en inglés), se tes tempo de mirar máis polo miúdo o artigo e comparar algunha outra cousa que che poida chocar estaría ben, aínda así eu non vin nada polo que non poida ser de calidade. Moitas grazas pola suxerencia, o artigo é ben interesante e curioso, eu dende logo non sabía que existían eses "bichiños" :) Apertas! --Piquito (conversa) 19 de decembro de 2015 ás 23:46 (UTC)

Referencias[editar a fonte]

Ola Miguelferig, na sección "Función encimática" do artigo Exosoma (complexo) hai un parágrafo sen referencias; pregunto, polo tanto, se sabes cal referencia se utilizou, poderías referenciarlo e revisar ese parágrafo de alguna manera? Moitas grazas. 40.118.212.171 7 de decembro de 2015 ás 22:14 (UTC)

Feito! Feito!--Miguelferig (conversa) 8 de decembro de 2015 ás 12:54 (UTC)

RE:Comentario sobre o borrado na proposta da portada[editar a fonte]

Non te preocupes, xa imaxinei que fora algo así :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de decembro de 2015 ás 11:36 (UTC)

Modelo:Liña do tempo da biota de Ediacara[editar a fonte]

Telita co modelo... Faltan por traducir os nomes dos períodos en Modelo:Cor período, polo resto coido que queda todo listo. Banjo tell me 18 de decembro de 2015 ás 19:18 (UTC)

Todos + se[editar a fonte]

Ola. Coido que tes razón na colocación do pronome na frase "todos os exemplares descubertos até 1967 se encontraban en xacementos de arenitos...". Despistoume a lonxitude do suxeito, se fose "todos os exemplares se encontraban..." non tería dúbida. Grazas pola mensaxe e saúdos.--Jglamela (conversa) 19 de decembro de 2015 ás 12:04 (UTC)

RE:Imaxes[editar a fonte]

Ola Miguel. A marca de "non verificada" parte de esta conversa. Estevo detectou que hai moitas imaxes antigas que non teñen o cadro de información, ou unha marca de licenza, ou datos sobre o autor e orixe, etc. Púxen o bot a engadir esa marca en tódalas imaxes, para ir revisando unha a a unha. Iso non significa que as túas imaxes teñan algo malo, simplemente é para darlles unha revisión e confirmar que todo estea correcto. Segundo se vaian revisando xa che comentará o que lle toque a imaxe particular se houbese calquera cousa que aclarar sobre ela, pero segundo o que indicas, se son creadas por tí ou baseadas noutras xa na wiki ou en commons non debería haber ningún problema.

O mensaxe ese que che deixaron en commons é por mor do que se indica aquí. Polo que entendo é unha restricción técnica ao xerar a imaxe dende o código svg. Parece ser que o sistema wikimedia non traballa ben coa fonte Arial e usa Liberation Sans no seu lugar, polo que che recomendan usar unha das fontes desa lista que sí están soportadas polo sistema. Non lle vexo moito problema, simplemente teno en conta para cando crees novos svg, ou se revisas os que xa creaches. Felices festas. Banjo tell me 24 de decembro de 2015 ás 13:23 (UTC)

Frank Christoph Schnitzler[editar a fonte]

Hello Dear, please start this article. Thank you very much. Susi