Conversa Wikipedia:Segunda wikimaratona do Día Internacional da Muller

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Detalliños legais de cara á actividade e a súa promoción no 2019[editar a fonte]

Ola, escribo para deixar unha nota-recordatorio de que os novos cambios na Lei de protección de datos, que está en vigor dende decembro de 2018 aféctanlle directamente ás actividades de Galipedia e en especial no relativo ós dereitos das persoas menores de idade. Calquera dato ligado á identidade da persoa (inclúese audio, video, imaxe ademáis dos habituais nome apelidos, email, etc.) require o consentemento explícito, que se realiza polo centro educativo a través do formulario de consentemento para os menores de 14 anos. A partir dos 14 eu entendo que a persoa xa pode asinar o consentemento por si mesma. Hai que ter coidado con isto e estaría ben consultar cos de Wikimedia España nestas cuestións e tamén ter en conta que se é preciso o consentimento dos pais/nais, debe programarse con antelación á actividade.

Un saúd oMaria zaos (conversa) 26 de xaneiro de 2019 ás 14:59 (UTC)[responder]

Artículo 92. Protección de datos de los menores en Internet.

Los centros educativos y cualesquiera personas físicas o jurídicas que desarrollen actividades en las que participen menores de edad garantizarán la protección del interés superior del menor y sus derechos fundamentales, especialmente el derecho a la protección de datos personales, en la publicación o difusión de sus datos personales a través de servicios de la sociedad de la información.

Cuando dicha publicación o difusión fuera a tener lugar a través de servicios de redes sociales o servicios equivalentes deberán contar con el consentimiento del menor o sus representantes legales, conforme a lo prescrito en el artículo 7 de esta ley orgánica.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Maria zaos (conversacontribucións) 27 de xaneiro de 2019 ás 18:47‎

Grazas pola nota Maria zaos, porén entendo que se temos coidado de non usar esa información, non sería de aplicación. É dicir, se non publicamos ningún dato persoal dos menores que participen nin lles facemos fotos entón non hai que facer nada. Tes razón que habería que preguntar que alcance ten todo isto dentro das nosas actividades para telo claro, preguntarei a outros compañeiros. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de febreiro de 2019 ás 10:08 (UTC)[responder]
Si, o maior problema é o colexio ou quen grave. Ver acó Maria zaos (conversa) 18 de febreiro de 2019 ás 12:43 (UTC)[responder]

Proposta efemérides ourensás[editar a fonte]

Boas, como probablemente o evento se faga na biblioteca que ten a) colección completa (agardo) na hemeroteca do xornal La Región e un cento de enciclopedias, dicionarios, etc., fago esta proposta, que permite colaborar no evento sen estar constantemente cos ollos na pantalla. Xa me diredes que vos parece; a redacción-explicación precisa unha volta e as mulleres abarcan toda a provincia, non só a capital. Un saúdo Maria zaos (conversa) 1 de marzo de 2019 ás 17:21 (UTC)[responder]

Unha idea estupenda Maria zaos, logo doulle unha volta ó apartado de abaixo para engadilo na proposta da Wikimaratona. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de marzo de 2019 ás 18:22 (UTC)[responder]

Que día foi? Efemérides ourensás[editar a fonte]

Unha forma de visibilizar o traballo das mulleres ourensás é poder lembralas cada día do ano. Un bo xeito é a través das efemérides. Para esta tarefa é necesario obter fontes fiables para indicar as datas de nacemento e mortes correspondentes, tanto en Galipedia como en Wikidata. A través da edición das entradas poderemos facer unha lista de efemérides máis diversa.

Nome Data de nacemento Data de morte Wikidata
Filomena Dato 1856 27 febreiro 1926 d:Q20534211
Margarita Astray 1885 abril 1936 d:Q56641354
María del Valle Lozano 1888 29 outubro 1937 d:Q20535724
Teresa Novelle Rodríguez 1892 século XX d:Q59512544
Áurea Rodríguez 16 novembro 1897 ? d:Q20533113
Irene Lucía Álvarez Veras 13 decembro 1898 maio 1971 d:Q50290526
Carmen Rodríguez de Legísima 1896/1904 10 xullo 1980 d:Q20536082
María Brey Mariño 1910 3 febreiro 1995 d:Q20535064
Carmen González Ledo 1910 17 xaneiro 1989 d:Q57271926
María Pilar Fernández Álvarez 1944 d:Q11691449
Amalia Sofía Osorio Delgado 1918 maio 2006 d:Q50383272
Consuelo Rodríguez López 19 outubro 1919 2012 d:Q13534607
Dorinda Ramos 1921 17 decembro 2017 d:Q47016790
María del Rosario Castells Vila 1923 25 setembro 2012 d:Q47512443
Pilar Otilia López 1939 ? d:Q12397669
Fely Manzano 1942 7 abril 2017 d:Q5647969
Kina Fernández 1947 ? d:Q9017612
Carmen Iglesias Sueiro 1952 ? d:Q20535563
María Isabel Álvarez Diéguez 1956 ? d:Q12393034
Rocío Mosquera 1956 ? d:Q12399140
Fátima Balsa 1956 ? d:Q25509580
María Carmen González Quintela 1957 ? d:Q12393030
Gloria Ferreiro 1957 ? d:Q28031518
María Xosé Bravo 1957 ? d:Q42911225
Carmen Pereiras Pérez 1959 ? d:Q20534081
Remedios Quintas 1960 ? d:Q20535395
María Ramona Gómez Iglesias 1961 ? d:Q20534696
María Xosé Justo Martín ? ? d:Q57597805
María Cristina Cid Fernández ? ? d:Q55873792

Hai unha táboa máis completa en: Wikipedia:Lista de mulleres nadas na provincia de Ourense segundo Wikidata. --. HombreDHojalata.conversa 1 de marzo de 2019 ás 22:51 (UTC)[responder]

Si, é de onde tirei os datos desta. Non puxen máis porque semellabanme abondo para unha mañá e bueno, está a lista de galegas xa e un cento de cousas máis na páxina do Wikimaratón. Igual podiamos reducir un pouco as listas de mulleres que aparecen aí e substituíla coa que dis, HombreDHojalata. Sería unha maneira de "personalizar" o evento ao ámbito xeográfico de quen organiza, que opinas, Elisardojm?Maria zaos (conversa)--- 1 de marzo de 2019 ás 23:06 (UTC)[responder]
Como vexades, pero quizais habería que sacar algo para que non se "recargue" de cousas a páxina... Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de marzo de 2019 ás 23:20 (UTC)[responder]
Non me expliquei ben. Falaba de retirar unha táboa completa, por exemplo, a segunda táboa de outros artigos, para facerlle sitio. Nunha mañá non se poden crear moitos artigos de cero, igual habería que centrarse en mellorar ligazóns azuis? Un saúdo Maria zaos (conversa) 4 de marzo de 2019 ás 11:39 (UTC)[responder]
Paréceme ben, copio aquí abaixo o contido desa táboa para usos futuros ou por se alguén a quere consultar. Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de marzo de 2019 ás 15:57 (UTC)[responder]
Josephine Butler, feminista inglesa e reformadora social na época Vitoriana.

Nas columnas "Wiki es" e "Wiki en" podemos poñer unha ligazón á versión do artigo nesas linguas, indicando se alí está marcado como artigo bo ou de calidade. Os artigos non teñen ningunha orde predeterminada.

Artigo Wiki es Wiki en Notas
1
2
3 Tita Merello Calidade (a encher)
4 Estela Giménez Calidade (a encher)
5 Anna Anderson Calidade (a encher)
6 Carlota Augusta de Gales Calidade (a encher)
7 Ann Bannon Calidade (a encher)
8 Nancy Drew Calidade (a encher)
9 Olivia Manning Calidade (a encher)
10 Sor Josefa de los Dolores Peña Calidade (a encher)
11 Virginia Eliza Clemm Calidade (a encher)
12 Minoría de idade de Isabel II Calidade (a encher)
13 Amelia Bence Bo (a encher)
14 Bronwyn Bancroft Non existe Calidade
15 Jean Bellette Non existe Calidade
16 Florence Fuller Normal Calidade
17 Ima Hogg Normal Calidade
18 Margaret Murray Normal Calidade
19 Daisy Jugadai Napaltjarri Non existe Calidade
20 Isabella Beeton Normal Calidade
21 Louise Bryant Normal Calidade
22 Josephine Butler Normal Calidade
23 Emily Davison Normal Calidade
24 Marjory Stoneman Douglas Normal Calidade
25 Ursula Franklin Normal Calidade
26 Margaret Fuller Normal Calidade
27 Remedios Zafra Normal (a encher)
28 Ramona Vaamonde (a encher) (a encher)
29 Remedios Varo Normal (a encher)
30 Mujeres Libres Normal (a encher)
31 Judy Wajcman (a encher) tecnofeminista artigo en es.wiki
32 Ana de Miguel Normal (a encher) filósofa
33 Rosa Cobo Normal (a encher) filósofa
34 Alicia Puleo Normal (a encher) filósofa
35 Celia Amorós Normal (a encher) filósofa
36 Mercedes Bengoechea Normal (a encher) lingüista
37 Margot Moles Normal (a encher) deportista
38 Emilia de Sousa Costa Normal (a encher) escritora
39 Chrissie Hynde Normal (a encher) cantante
40 Marilyn Waring Normal (a encher) política
41 Mary Nash Normal (a encher) historiadora
42 Mariana Pineda Normal (a encher) heroína liberal
43 Petra Karin Kelly Normal (a encher) política
44 Marilyn French Normal (a encher) escritora
45 María Telo Normal (a encher) xurista
46 Violencia de xénero Normal
47 Fíos fóra documental

A min gustábame a foto do Pórtico do Paraíso[editar a fonte]

Boas, non entendo por que se eliminou a foto do Pórtico do Paraíso, para min si era relevante. Non poderán convivir as dúas, cando menos? @Lles:@Elisardojm:Maria zaos (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 09:39 (UTC)--Maria zaos (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 09:40 (UTC) A maiores non me gusta a) que saia unha foto de Pamplona, polo menos que sexa de Ourense ou de Galicia b) que se dea a entender que vai ligado a calquera reivindicación específica do día. Editar edítase todo ano, sexas home ou muller, da ideoloxía ou tendencia que máis che pete e ademais pódese editar sobre calquera cousa. Neste caso, por homenaxe ao día e por necesidades propias da Galipedia, escolleuse esta temática para esta actividade, tal como eu o entendo, pero de aí a vincular a Galipedia a paros, folgas, manifestacións, etc. hai, con todo respecto, un mundo. Maria zaos (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 09:40 (UTC)[responder]

Maria zaos, si, claro poden poñerse as dúas fotos sen problema, hai sitio abondo! Xa a engado.
Que a foto sexa de Pamplona ou de Londres non me parece relevante, iso non se reflicte na imaxe, tan só se amosa unha concentración reivindicativa de mulleres, non se pode saber dunha ollada en que lugar é, cousa que tampouco me parecería relevante xa que é o Día "Internacional"... Sobre ligar o tema ás reivindicacións do Día Internacional da Muller, eu penso que si pode engadirse, este evento está asociado a ese día, e nese día o máis visible son esas cousas, as manifestacións, etc... Pero se quitades a foto tamén me parece ben, quero dicir que son neutro :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 10:09 (UTC)[responder]
Ben defendido. Elisardojm. Que queden as dúas, pero o texto debaixo da foto da manifestación, que pon "Na foto mobilización de mulleres. En marzo, achégate á Galipedia en Ourense!". Non o vexo, polos argumentos anteriores, para min abonda con que poña mobilización de mulleres polo Día Internacional ...(se é que é, no o sei). En todo caso, os textos están duplicados entre as dúas fotos.Un saúdo e grazas polos cambios.Maria zaos (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 10:17 (UTC)[responder]
Maria zaos, cambiado o pé a "Mobilización polo Día Internacional da Muller.". Si, a foto é da manifestación do 8 de marzo de 2018. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 10:27 (UTC)[responder]

Dirección curta[editar a fonte]

Dirección curta desta páxina:

https://gl.wikipedia.org/wiki/WM_DIM2

--. HombreDHojalata.conversa 7 de marzo de 2019 ás 21:06 (UTC)[responder]