María Xosé Bravo
María Xosé Bravo San José | |
2007 – 2015 | |
Concelleira de Cultura e Museos do Goberno Municipal da Coruña
| |
2007 – 2011 | |
Precedido por | Carlos González-Garcés Santiso |
Sucedido por | Ana Fernández |
Datos persoais
| |
Nacemento | 1957 Viana do Bolo ![]() |
Partido | BNG |
Profesión | Educadora e política |
mariaxose.bravo |
María Xosé Bravo San José, nada en Viana do Bolo en 1957[1], é unha educadora[2] e política galega.
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
Bravo leva unha carreira de máis de tres décadas dedicada ao Ensino, ao que volveu logo do seu paso pola Corporación Municpal da Coruña. Foi mestra no Centro Público Integrado de Carral e logo orientadora no IES de Zalaeta coruñés.[2]
Traxectoria política[editar | editar a fonte]
Foi Secretaria de Comunicación dentro da Executiva do BNG que se formou logo da XII Asemblea Nacional en decembro de 2006.[3] Após as eleccións municipais de 2007 entrou a formar parte do Goberno Municipal bipartito da Coruña como concelleira de Cultura e Museos.
En 2010 autodescartouse como cabeza de lista polo BNG para as eleccións municipais de 2011 no medio da batalla política que tiña lugar entre as correntes daquela existentes na formación nacionalista.[4] En 2011, por mor da vitoria por maioría absoluta do Partido Popular na cidade herculina, pasou ás bancadas da oposición.
Os malos resultados colleitados nas eleccións municipais de 2015, ás que acudira como segunda nunha lista que volvía liderar Xosé Manuel Carril, provocaron a súa renuncia á primeira liña política. Porén, seguiu a formar parte do Consello Local do BNG.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ F. Espiñeira (2010-05-26). "Afonso Sánchez Regueiro, Xosé Manuel Carril y María Xosé Bravo pugnarán por la sucesión". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-08-01.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 La Opinión de A Coruña. "María Xosé Bravo, exedil do BNG (2007-2015): "Nunca deixei a política, os que somos militantes nunca a deixamos"". Consultado o 2017-08-01.
- ↑ A. Losada - Galicia Hoxe (30.01.2007). "María Xosé Bravo: "O BNG ten que identificarse como opción do cambio galego"". Consultado o 2017-08-01.
- ↑ R. García, J. M. Gutiérrez. "La edil María Xosé Bravo se descarta como candidata del BNG a la Alcaldía coruñesa". www.laopinioncoruna.es. Consultado o 2017-08-01.