Carmen Rodríguez de Legísima

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carmen Rodríguez de Legísima
Nome completoCarmen Rodríguez de Legísima
Nacemento1896
 Lousado
Falecemento10 de xullo de 1980
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintora
editar datos en Wikidata ]

Carmen Rodríguez de Legísima, nada no Pazo de Lousado na parroquia de Loeda do concello ourensán de Piñor en 1896[1][2] e finada en Vigo o 10 de xullo de 1980, foi unha pintora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carmen foi a filla menor nunha familia numerosa, acomodada, de terratenentes e xuristas, conservadora e moi católica. A condición de militar do pai levounos a trasladar o domicilio en varias ocasións, a Tui, A Coruña, Ourense e finalmente a Vigo. Estudou maxisterio en Madrid, que non exerceu, e aprendeu a pintar de xeito autodidacta.

Os retratos e bodegóns de Legísima son de pincelada grosa e forte colorido.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Na necrolóxica de La Voz de Galicia, 12-7-1980, p. 38, afírmase que morreu aos 84 anos.
  2. En 1896: segundo Plástica Gallega, A pintura en Galicia, Diccionario de Mulleres Galegas, Personaxes ilustres de Piñor Arquivado 30 de xuño de 2012 en Wayback Machine. na páxina do concello e a ficha da Colección Afundación.
    En 1904: segundo Anselmo López Morais na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada e a ficha do Museo de Belas Artes da Coruña.
    1858: naceu (e morreu) nese ano segundo o artigo de Dolores Villaverde Solar Sinxeleza, espiritualidade e arte... Álbum de Mulleres.
  3. Imaxe de Nena da galería óleo/lenzo, 95x68 cm, exposto na Pinacoteca Francisco Fernández del Riego.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]