Remedios Quintas
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1960 Bande |
| 2012 – 2016 Lexislatura: IX Lexislatura do Parlamento de Galicia Electa en: Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012 | |
| 2009 – 2012 Lexislatura: VIII Lexislatura do Parlamento de Galicia Electa en: Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2009 | |
| Actividade | |
| Ocupación | política |
María Remedios Quintas Álvarez, nada en Bande en 1960, é unha política galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Procuradora e profesora de Xeografía e Historia. Foi directora do colexio C. Cisneros (2002). Foi concelleira do PSdeG-PSOE en Ourense (2003-2007) e Secretaria de Organización do PSdeG-PSOE na provincia de Ourense (2009-2017). Foi elixida deputada do Parlamento de Galicia nas eleccións de 2009 e volveu ser elixida nas eleccións de 2012. Foi portavoz de Traballo do Grupo Socialista. Concorreu de novo nas eleccións de 2016 pero non resultou elixida, logo de forte retroceso sufrido pola formación na provincia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha no Parlamento de Galicia Arquivado 02 de abril de 2015 en Wayback Machine.