María Brey Mariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
María Brey Mariño
Nacemento1910
 A Pobra de Trives
Falecemento3 de febreiro de 1995
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncrítico literario
editar datos en Wikidata ]

María Brey Mariño, nada na Pobra de Trives en 1910 e finada en Madrid o 3 de febreiro de 1995[1][2], foi unha bibliotecaria, arquiveira, medievalista e tradutora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era filla única dun xuíz da Estrada destinado na Pobra de Trives onde naceu. Estudou en Bilbao, e licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade Central de Madrid. Foi bolseira da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas no Centro de Estudios Históricos. En agosto de 1931 ingresou por oposición no CFABA, sendo o seu primeiro destino a Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela, e máis tarde, por concurso de méritos, á Biblioteca da Presidencia do Consello de Ministros, en Madrid. Durante a Guerra Civil estivo destinada na Xunta de Adquisición de Libros. Depurada en 1940, foi postergada e inhabilitada para desempeñar cargos de confianza durante cinco anos e trasladada ao Arquivo da Delegación de Facenda de Huelva. Posteriormente foi destinada á Biblioteca das Cortes.

Casada co bibliófilo e catedrático Antonio Rodríguez-Moñino, traballou como tradutora para a Editorial Castalia e a súa colección de clásicos recollidos nas series "Gallardo" e "Ibarra" e, despois en "Odres nuevos".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en El País.
  2. "María Brey Mariño". Real Academia de la Historia. Consultado o 19 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]