Carmen Iglesias Sueiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carmen Iglesias Sueiro
Nome completoCarmen Iglesias Sueiro
Nacemento1952
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

Carmen Iglesias Sueiro, nada en Ourense en 1952, é unha mestra e política galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carmen Iglesias naceu no seo dunha familia de represaliados de esquerdas que rexentaban unha escola privada na cidade de Ourense. Estudou Maxisterio e traballou de docente, ao tempo que militaba no PCG e na súa coalición electoral Esquerda Unida.

Nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012, Carmen Iglesias presentouse de número dous na coalición electoral AGE pola circunscrición de Ourense, que conformaban varios partidos, entre eles Anova e Esquerda Unida. Non saíu escollida deputada en primeira instancia, pero a renuncia posterior de David Fernández, deputado de Anova, permitiulle a Carmen Iglesias ocupar un escano. Tanto Esquerda Unida como Anova acordaran, supostamente, que o escano pasaría ao seguinte deputado de Anova (neste caso, Iolanda Pérez Docampo), pero Carmen Iglesias negou a existencia dese acordo e prometeu o seu cargo como deputada[1]. Despois de tensións en Esquerda Unida e en Anova, Carmen Iglesias incorporouse como deputada ao grupo parlamentario de AGE. Despois formou parte do Grupo Mixto do Parlamento Galego, como única deputada do mesmo.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É irmá de Gonzalo Iglesias Sueiro, quen fora alcalde de Xinzo de Limia polo PSdeG-PSOE.

Notas[editar | editar a fonte]