Teresa Novelle Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Teresa Novelle Rodríguez
Nacemento1892
 Ourense
Falecementoséculo XX
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

Teresa Novelle Rodríguez, nada en Ourense en 1892, foi unha política galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Compañeira do militante comunista Aniceto San José, vivían na Coruña. En 1920 traballaba como demandadera no porto coruñés e participou na folga de estibadores do verán, e foi denunciada. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi unha das mulleres que colaboraron nas redes clandestinas que organizaban fuxidas polo mar. Implicada na tentativa de fuga do boniteiro Explorador, foi detida. Xulgada en consello de guerra o 12 e 13 de novembro de 1937,[1] foi condeada a 20 anos de prisión. En xaneiro de 1944 foi sancionada polo Goberno civil cunha multa de 50 pesetas por desobediencia aos axentes da Autoridade.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 14-11-1937, p. 4.
  2. La Voz de Galicia, 30-1-1944, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]