María del Valle
María del Valle | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1888 |
Lugar de nacemento | Ourense |
Falecemento | 29 de outubro de 1937 |
Lugar de falecemento | Mosteiro de Ribeira |
Nacionalidade | España |
Fillos | Manuel Gómez del Valle |
[ editar datos en Wikidata ] | |
María del Valle Lozano, coñecida como María de Beiro, nada en Ourense en 1888 e finada en Mosteiro de Ribeira (Xinzo de Limia) o 29 de outubro de 1937, foi unha política galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nai de Manuel Gómez del Valle, colaboradora de obras benéficas e relixiosas, estaba afiliada ao PCE. Foi detida en 1937 por ter pedido a conmutación da pena capital para o seu fillo. Internada no cárcere de Celanova de onde foi sacada para ser asasinada en Mosteiro de Ribeira o 29 de outubro de 1937 canda Salud Torres Díaz. Destrozárolle o cerebro ao ser fusilada. O seu cadáver foi atopado en Lomba de Lamas e trasladado ao cemiterio nun carro polos veciños.[1] En xullo de 2019 iniciouse a recuperación dos seus restos pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH).[2]
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- Antón Tovar dedicou o conto “A grande ilusión" a Manuel Gómez del Valle e á súa nai María.
- Claudio Rodríguez Fer escribu o poema “O terror en carro de vacas” que rememora os asasinatos de María e Salud.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Marcos Pérez Pena (11 de abril de 2019). "Na procura dos restos das 'Mártires de Xinzo de Limia' asasinadas en 1937". Praza Pública. Consultado o 12 de abril de 2019.
- ↑ Inician a exhumación de dúas mulleres galegas asasinadas pola ditadura franquista