A Vicepresidencia do Goberno de España é ostentada polo vicepresidente ou vicepresidenta, a segunda figura máis importante do Goberno español. Ademais, tamén é titular do Ministerio da Presidencia. É nomeado, a proposta do Presidente do Goberno, polo rei de España, ante o que presta xuramento ou promesa.
Ao ser tamén titular do Ministerio da Presidencia, asume tamén estás funcións, sendo todas elas:[1]
Asesorar ao Presidente do Goberno.
A asistencia administrativa ao Consello de Ministros, presidir as Comisións Delegadas do Goberno e á Comisión Xeral de Secretarios de Estado e Subsecretarios.
O apoio ao presidente do Goberno, en particular, no exercicio das funcións relativas á preparación e seguimento do programa gobernamental. *A coordinación interministerial que lle encomenden as disposición vixentes, o Goberno ou o seu presidente.
A asistencia ao Goberno nas súas relacións coas Cortes Xerais.
A preparación, desenvolvemento e seguimento do programa lexislativo do Goberno e, en especial, da súa tramitación parlamentaria.
As funcións de apoio material, xestión económico-financeira, persoal e, en xeral, cantas outras que desa natureza precisen o presidente do Goberno e os órganos dependentes da Presidencia do Goberno.
O titular de Presidencia exerce tamén as funcións de secretario do Consello de Ministros.
A pesar de que a Constitución non recolle unha liña de sucesión presidencial explícita, enténdese que é o Vicepresidente do Goberno quen, por dimisión, cesamento ou falecemento do Presidente, asume ese cargo. Con todo, segundo o artigo 101 do título IV da Constitución, segundo os motivos anteriores o Vicepresidente exercería o cargo ata a investidura do próximo Presidente.[2] É dicir, manteríase en funcións ata que un novo Presidente saíse da convocatoria de eleccións.
En España, existe a posibilidade de que, se o Presidente do Goberno veo necesario, poida designar máis dun Vicepresidente, habendo nalgunhas lexislaturas segundo e terceiro. Ao Vicepresidente do Goberno coñéceselle tamén como Vicepresidente primeiro do Goberno de España.