Arancha González Laya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Arancha González Laya
Arancha González Laya 2020 (cropped).jpg
Nacemento22 de maio de 1969
 Donostia
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Navarra e Universidade Carlos III de Madrid
Ocupaciónxerente, director executivo e avogada
editar datos en Wikidata ]

María Aránzazu «Arancha» González Laya, nada en Donostia o 22 de maio de 1969, é unha xurista vasca, ministra de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación de España.[1] Foi directora executiva do Centro de Comercio Internacional (ITC)[2] e subsecretaria xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

González Laya naceu en Donostia, filla dun director de escola pública. Criouse na localidade guipuscoana de Tolosa.[3][4]

Fala éuscaro, castelán, inglés, francés, alemán e italiano.[5]

Licenciouse en dereito pola Universidade de Navarra (UNAV) e posteriormente obtivo un título de mestrado en dereito europeo pola Universidade Carlos III de Madrid (UC3M).[6]

González comezou a súa carreira no sector privado como asociada no despacho de avogados alemán Bruckhaus Westrick Stegemann en Bruxelas, asesorando empresas en dereito de competencia, comercio e axudas de estado.

Entre 2002 e 2005, González foi voceira de comercio para a Comisión Europea e asesora do Comisario de Comercio. Desempeñou diversas funcións na Comisión Europea nas áreas de comercio internacional e relacións exteriores, incluíndo negociacións sobre acordos comerciais con Mercosur, Irán, o Consello de Cooperación do Golfo, os Balcáns e os países mediterráneos. Tamén apoiou os países en vía de desenvolvemento para acceder ao mercado europeo.

Paso pola OMC[editar | editar a fonte]

González foi xefa de gabinete de Pascal Lamy durante o seu mandato como director xeral da Organización Mundial de Comercio entre 2005 e 2013. Durante ese período contribuíu de xeito decisivo ao lanzamento da iniciativa da OMC “Axuda para o Comercio”,[7] así como o Marco Integrado Reforzado, unha asociación entre diversas organizacións internacionais co obxectivo de axudar os países máis pobres do mundo a mellorar a súa incorporación no comercio internacional. González foi a representante do director xeral da OMC no G-20 entre 2008 e 2013.

Directora do ITC[editar | editar a fonte]

Durante o seu mandato á fronte do Centro de Comercio Internacional (CCI), González impulsou o comercio sustentábel. En 2014, González inaugurou o primeiro Foro de Comercio Sustentábel do CCI reunindo actores públicos e privados para desenvolver solucións que aseguren unha maior coherencia entre o comercio e o cambio climático.

González impulsou o apoderamento económico da muller como un dos eixes centrais das accións no CCI.[8] En 2015 lanzou a iniciativa «SheTrades Initiative», co obxectivo de conectar tres millóns de empresarias cos diferentes mercados para 2021. Tamén impulsou a adopción da Declaración de Buenos Aires sobre Mulleres e Comercio durante a Undécima Conferencia Ministerial da Organización Mundial de Comercio en Buenos Aires en decembro de 2017. En 2019, González coeditou a obra colectiva Women Shaping Global Economic Governance.

Ministra de Exteriores en España[editar | editar a fonte]

Nomeada en xaneiro de 2020 como ministra á fronte da carteira de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación do Goberno de España no segundo goberno de Pedro Sánchez,[9] tomou posesión do cargo o día 13, avogando durante a cerimonia por «reposicionar España na UE e no mundo».[10] Ao ser nomeada ministra de Asuntos Exteriores prometeu defender o multilateralismo e os dereitos humanos e colocar entre as prioridades do seu mandato o reenfoque da política de cooperación internacional.[10]

Outras actividades[editar | editar a fonte]

  • International Gender Champions (IGC), Presidenta do Consello de Administración[11]
  • Mo Ibrahim Foundation, membro do Consello Asesor[12]
  • Foro Económico Mundial (WEF), Copresidenta do Consello sobre o Futuro do Comercio e do Investimento[13]
  • Membro do grupo EU-Africa High-level.
  • Broadband Commission for Sustainable Development, Comisaria.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Arancha González, defensora del libre comercio en un Gobierno de izquierdas". La Vanguardia. 25 de xaneiro de 2020. 
  2. Centre de comercio international (15 de agosto de 2013). "El Secretario General de las Naciones Unidas nombra a Arancha González de España como Directora Ejecutiva del Centro de Comercio Internacional" (en castelán). Consultado o 30 de outubro de 2019. 
  3. Periódico, El (10 de xaneiro de 2020). "Arancha González Laya, una experta en comercio internacional | Perfil". elperiodico (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2020. 
  4. Faujas, Alain (30 de novembro de 2012). "Arancha Gonzalez, la prêtresse du libre-échange". Le Monde. Consultado o 30 de outubro de 2019. 
  5. "La jurista guipuzcoana Arancha González Laya será ministra de Exteriores". Euskal Irrati Telebista (en castelán). 10 de xaneiro de 2020. Consultado o 22 de xaneiro de 2020. 
  6. Hervás, Juan Carlos (11 de xaneiro de 2020). "La nueva ministra de Exteriores, vinculada a Navaleno". El Miron de Soria (en castelán). Consultado o 12 de xaneiro de 2020. 
  7. Heath, Ryan; Schaart, Eline (2018). "Women who shape Brussels 2018 ranking". Politico Europe. Consultado o 30 de outubro de 2019. 
  8. eldiario.es. "Arancha González Laya, una experta en economía global para el Ministerio de Exteriores, UE y Cooperación". eldiario.es (en castelán). Consultado o 23 de xaneiro de 2020. 
  9. Arancha González Laya, ministra de Exteriores: una experta en comercio para la nueva diplomacia económica, elmundo.es, 10 de xaneiro de 2020
  10. 10,0 10,1 Mármol, Iolanda (13 de xaneiro de 2020). "González Laya: "Spain is back, Spain is here to stay"". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 13 de xaneiro de 2020. 
  11. Members International Gender Champions (IGC).
  12. Advisory Council Mo Ibrahim Foundation.
  13. Arancha González Laya World Economic Forum (WEF).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]