Isabel Celaá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Isabel Celaá
María Isabel Celaá en su primera comparecencia como portavoz del Gobierno.jpg
Nome completoMaría Isabel Celaá Diéguez
Nacemento23 de maio de 1949
 Bilbao
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Deusto e Universidade de Valladolid
Ocupaciónpolítica
editar datos en Wikidata ]

María Isabel Celaá Diéguez, nada en Bilbao o 23 de maio de 1949,[1] é unha política e catedrática de ensino secundario vasca, membro do Partido Socialista de Euskadi-Euskadiko Ezkerra (PSOE-EE) e actual portavoz e ministra de Educación e Formación Profesional do Goberno de España.

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Iniciouse na política en 1987 como responsable do gabinete do conselleiro de Educación, Universidades e Investigación José Ramón Recalde. Tras o breve interregno do goberno de coalición entre PNV, Eusko Alkartasuna e Euskadiko Ezkerra de 1991, foi viceconselleira de Educación, Universidades e Investigación con Fernando Buesa como conselleiro ata o fin da lexislatura (1995).[2] Na seguinte lexislatura abandonou as responsabilidades educativas, sendo directora de gabinete do conselleiro de Xustiza, Economía, Traballo e Seguridade Social, Ramón Jáuregui. Desde outubro de 1998 é parlamentaria autonómica vasca por Biscaia. Como parlamentaria foi responsable dos temas educativos do seu grupo. Entre 2008 e 2009 foi vicepresidenta primeira do Parlamento Vasco.

Conselleira de Educación[editar | editar a fonte]

De 2009 a 2012 exerceu o cargo de conselleira de Educación, Universidades e Investigación no Goberno Vasco presidido por Patxi López.[3][4][2] Impulsou a reforma da Educación Pública Vasca, apostando fortemente polo trilingüismo e a incorporación de novas tecnoloxías en centros escolares, mediante o programa Eskola 2.0. Tamén concedeu gran protagonismo á Formación Profesional.

Celaá combateu o adoutrinamento nacionalista nas aulas. A súa primeira medida foi derrogar o currículo escolar (marca o que deben estudar os alumnos ata os 16 anos) aprobado polo seu antecesor, Tontxu Campos (de Eusko Alkartasuna) para desposuír ao currículo escolar da carga ideolóxica nacionalista que lle infundira o Goberno Vasco anterior, onde gobernaba o PNV en coalición con EA e Esquerda Unida. Entre outras cuestións, ese currículo fixaba o éuscaro como lingua preferente na comunidade. Celaá equiparou éuscaro e castelán ao mesmo nivel, de acordo ao bilingüismo de Euskadi. Outro xesto, moi polémico, foi matizar no currículo escolar o termo «Euskal Herria», borrando a entidade política-administrativa que figuraba nos libros de texto, pero blindando o concepto cultural. «Non o imos a eliminar pola sinxela razón de que Euskal Herria existe. É o país do éuscaro e é un territorio que temos de cultura común, de lingua común e que compartimos os vascos», asegurou nunha das súas primeiras entrevistas como nova conselleira autonómica.[5].

Durante a súa etapa como conselleira puxo en marcha os programas de presenza das vítimas do terrorismo nos centros educativos para que trasladasen a súa experiencia aos alumnos de Secundaria.[6][7]

Foi cabeza de lista do PSE-EE ao Senado pola circunscrición de Biscaia nas eleccións xerais de 2015[8] e 2016[9] pero non resultou elixida.

Ministra de Educación[editar | editar a fonte]

Celaá foi elixida por Pedro Sánchez como ministra de Educación e voceira do seu novo goberno, tras o éxito da moción de censura que o PSOE presentou contra o anterior goberno de Mariano Rajoy (PP) en xuño de 2018.[10]

Cargos desempeñados[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Isabel Celaá é licenciada en Filosofía e Letras e Dereito[11] polas universidades de Deusto e de Valladolid. Está casada e é nai de dúas fillas. Ten acreditado o nivel C1 de éuscara mediante o título EGA. Viviu e estudou varios anos en Irlanda.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Isabel Celáa será ministra de Educación en el Gobierno de Pedro Sánchez". RTVE.es (en castelán). 6 de xuño de 2018. Consultado o 23 de maio de 2019. 
  2. 2,0 2,1 "Isabel Celaá será la ministra de Educación del Gobierno de Pedro Sánchez". eldiario.es. Consultado o 6 de xuño de 2018. 
  3. "DECRETO 6/2009, de 8 de mayo, del Lehendakari, de nombramiento de la Consejera de Educación, Universidades e Investigación.". BOPV. 9 de maio de 2009. Consultado o 7 de maio de 2019. 
  4. "DECRETO 21/2012, de 15 de diciembre, del Lehendakari, por el que se declara el cese en sus funciones de los Consejeros y Consejeras del Gobierno". BOPV. 17 de decembro de 2012. Consultado o 7 de maio de 2019. 
  5. "Celaá afirma que no eliminarán el término Euskal Herria del currículum vasco porque existe como "país del euskera"". Europa Press. 27 de xullo de 2009. Consultado o 7 de maio de 2019. 
  6. "El testimonio de las víctimas, en Educación para la Ciudadanía". El Periódico de Catalunya. 6 de xaneiro de 2010. Consultado o 7 de maio de 2019. 
  7. "Catorce víctimas del terrorismo, listas para dar su testimonio en las aulas vascas". El Correo. vascopress. 12 de xaneiro de 2011. Consultado o 7 de maio de 2019. 
  8. "Elecciones Senado 2015. Candidaturas Bizkaia". www.euskadi.eus. Consultado o 6 de xuño de 2018. 
  9. "Elecciones Senado 2016. Candidaturas proclamadas Bizkaia". www.euskadi.eus. Consultado o 6 de xuño de 2018. 
  10. 10,0 10,1 "Las ministras y los ministros de Sánchez". Consultado o 6 de xuño de 2018. 
  11. Transparencia

Véxase tamén[editar | editar a fonte]