Consellería de Economía, Industria e Innovación
Consellería de Economía, Industria e Innovación | |
---|---|
Tipo | consellería da Xunta de Galicia |
En | Santiago de Compostela |
País | Galicia |
Na rede | |
http://ceei.xunta.gal/portada | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Consellería de Economía, Industria e Innovación é unha consellería da Xunta de Galicia que se ocupa da política enerxética, da planificación económica e empresarial e da promoción industrial. A súa actual conselleira é María Jesús Lorenzana Somoza.
Historia
[editar | editar a fonte]A consellería de Industria incorporou ao longo da súa historia distintas competencias que, á súa vez, tamén fixeron parte doutras consellerías. É o caso do comercio, por exemplo, que en 1983 se incorpora durante uns meses á consellería de Economía e Facenda, do turismo que se incorpora a Industria entre 1985 e 1990 e entre 2005 e 2009. A partir de 2009 incorpóranse ademais as competencias de planificación da antiga consellería de Economía e Facenda, que agora queda reducida a consellería de Economía. En 2020 cedeulle a competencia de emprego á nova Consellería de Emprego e Igualdade.[1]
Conselleiros
[editar | editar a fonte]- Ramón de Vicente Vázquez (1982-1983). Como conselleiro de Industria, Enerxía e Comercio.
- Juan Manuel de la Fuente (1983-1984). Como conselleiro de Industria e Enerxía
- Ramón Díaz del Río (1984-1985). Como conselleiro de Industria, Enerxía e Comercio.
- Luciano Asorey (1985-1987). Como conselleiro de Traballo, Industria e Turismo.
- Santos Oujo Bello (1987-1990). Como conselleiro de Industria, Comercio e Turismo.
- Xoán Fernández García (1990-1994). Como conselleiro de Industria e Comercio.
- Antonio Couceiro (1994-1999).
- Juan Rodríguez Yuste (1999-2005). A partir de 2003, como conselleiro de Innovación, Industria e Comercio.
- Fernando Blanco Álvarez (2005-2009). Como conselleiro de Innovación e Industria.
- Xavier Guerra (2009-2012). Como conselleiro de Economía e Industria.
- Francisco Conde López (2012-2023). Como conselleiro de Economía e Industria.
- María Jesús Lorenzana Somoza. Como conselleira de Economía, Industria e Innovación.
Estrutura interna
[editar | editar a fonte]Secretarías e direccións xerais
[editar | editar a fonte]Ademais da necesaria Secretaría Xeral da consellería, dirixida por José Ramón Pardo Cabarcos[2], a consellería de Industria conta coas seguintes direccións xerais:[3]
- Dirección xeral de Comercio e Consumo: Manuel Heredia Pérez
- Secretaría Xeral de Industria: Paula Uría Traba
- Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais: Pablo Fernández Vila
- Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social: Pablo Fernández López[4]
Entes adscritos á consellería
[editar | editar a fonte]- Axencia Galega de Innovación (GAIN)
- Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA)
- Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
- Instituto Galego de Consumo (IGC)
- IGAPE
- CIS Tecnoloxía e Deseño
- Fundación Pública Artesanía de Galicia
- Galicia Calidade
- Xesgalicia
- Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia [5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "DECRETO 110/2020, do 6 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia" (PDF). Diario Oficial de Galicia.
- ↑ "DECRETO 88/2023, do 22 de xuño, polo que se nomea secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Industria e Innovación a José Ramón Pardo Cabarcos". Diario Oficial de Galicia.
- ↑ "Directorio da Consellería de Economía, Industria e Innovación". Consellería de Economía, Industria e Innovación.
- ↑ "DECRETO 94/2023, do 22 de xuño, polo que se nomea secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social a Pablo Fernández López.". Diario Oficial de Galicia.
- ↑ "Entidades adscritas". Consellería de Economía, Industria e Innovación.