Xavier Guerra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xavier Guerra
Nome completo Javier Jorge Guerra Fernández
Nacemento 12 de xullo de 1964
  Vigo
Nacionalidade España
Ocupación político
editar datos en Wikidata ]
Juan José Dieste (dereita), alcalde de Boiro, xunto o Conselleiro de Industria, Javier Guerra (esquerda), e Jesús Alonso (centro), propietario de Jealsa-Rianxeira.

Javier Jorge Guerra Fernández, nado en Vigo o 12 de xullo de 1964, é un empresario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Economía, ten un mestrado en administración de empresas e mercadotecnia. Dende 1987 traballa na xestión de distintas empresas, algunhas delas téxtiles, como Camper ou Nike, e en 2002 funda con Juan A. Costas a empresa El secreto del mar, firma dedicada á produción téxtil. A empresa adquire a licenza da marca El Niño, vencellada a roupa para surf, e expanden as liñas de produción, con apertura de diversas tendas propias en España (2003) e con fabricación en Portugal a partir de 2004. En 2007 a firma acadou unha facturación de 31 millóns de euros[1] e trasladou a súa sede central de Coruxo a Madrid.

Militante do Partido Popular de Galicia, en 2003 preséntase ás eleccións municipais no concello de Vigo na candidatura encabezada por Corina Porro, e convértese en concelleiro. A finais dese ano, logo da perda dunha moción de confianza do alcalde socialista Ventura Pérez Mariño, Porro convértese en alcaldesa en Guerra asume as competencias de economía e facenda. Nas eleccións de 2007 repite como concelleiro, pero o PP non accede ao goberno. En 2008 sae elixido como deputado ao Congreso dos Deputados pola circunscrición de Pontevedra. Renunciou o 20 de abril de 2009. En 2009 foi nomeado Conselleiro de Economía e Industria. Foi elixido deputado do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012.

En 2018 anuncia a súa incorporación á agrupación local viguesa de Ciudadanos xunto cun grupo de militantes descontentos do Partido Popular[2], tras perder en 2016 a pugna pola presidencia local do partido[3].


Predecesor:
Fernando Blanco Álvarez
 Escudo de Galicia.svg
Conselleiro de Economía e Industria
 
2009 - 2012
Sucesor:
Francisco Conde López

Vida privada[editar | editar a fonte]

Está casado e ten dous fillos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]