Galicia Calidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Galicia Calidade é unha marca de garantía promovida pola Xunta de Galicia. Dita marca exhíbese en multitude de produtos locais, principalmente alimenticios, mediante un característico e publicitado logotipo co fin de acreditar a súa calidade e promocionalos fóra de Galicia.[1] A empresa pública Galicia Calidade S.A, dependente da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, encárgase da xestión e control da marca de garantía a aquelas empresas que a obtiveron.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El País, ed. (22 de febreiro de 2002). «"Galicia Calidade" ultima un plan para ganar peso» (en castelán). Consultado o 23 de abril de 2011. 
  2. ABC, ed. (25 de xullo de 1998). «Galicia Calidade, líder de las Marcas de Garantía» (en castelán). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]