Saltar ao contido

Instituto Galego de Consumo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Instituto Galego de Consumo
Tipoaxencia gobernamental
Data de fundación1994
Orzamento52.106 euros (ano 2014)[1]
Organización matrizConsellaría de Traballo e Benestar
SedeSantiago de Compostela
PaísGalicia
Na rede
https://consumo.xunta.gal/gl
editar datos en Wikidata ]

O Instituto Galego de Consumo (coñecido co acrónimo IGC) é un organismo autónomo da Xunta de Galicia creado no ano 1994 e adscrito á Consellería de Innovación e Industria.[2] A súa sede atópase en Santiago de Compostela.

Foi creada en base á Lei 8/1994, do 30 de decembro ao abeiro das competencias que outorga o Estatuto de Autonomía de Galicia, e posteriormente foi modificada no ano 2003 pola Lei 9/2003 de medidas tributarias e administrativas, derrogando o artigo 9 e modificando o artigo 3.[3]

Lei 8/1994. Artigo 1.1 Créase o Instituto Galego de Consumo como organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á Consellería que teña as competencias en materia de consumo.
  1. Consellería de Facenda (ed.). "Orzamento do Instituto Galego de Consumo" (PDF). Consultado o 1 de agosto de 2014. 
  2. Consellería de Economía e Industria (ed.). "Instituto Galego de Consumo". Consultado o 1 de agosto de 2014. 
  3. DOG (ed.). "Lei 8/1994, de creación do Instituto Galego de Consumo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de setembro de 2015. Consultado o 1 de agosto de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]