Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
Aparencia
Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia | |
---|---|
Tipo | centro tecnolóxico |
En | San Cibrao das Viñas |
País | Galicia |
42°17′48″N 7°48′03″O / 42.296566759537, -7.8008320740168 | |
Na rede | |
http://www.lomg.net | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG) é un centro tecnolóxico cuxa principal actividade é dar servizo ao tecido industrial galego en materia de metroloxía e calibración. Está situado no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), en San Cibrao das Viñas.
Ademais de desempeñar a súa misión de centro de referencia de metroloxía e calidade dende hai máis dunha década, nos últimos anos comezou un intenso programa de desenvolvemento de proxectos de I+D+i.
O LOMG centra as súas actividades en tres grandes áreas:
- Metroloxía Industrial (nos seus departamentos de Temperatura e Humidade Relativa, Eléctrico, Mecánico e Dimensional).
- Metroloxía Legal.
- Investigación, Desenvolvemento e Innovación (I+D+i).