Consellería de Emprego e Igualdade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A consellería de Emprego e Igualdade é unha consellería da Xunta de Galicia con competencias en promoción do emprego, que foi creada no ano 2020. As sas competencias foron asumidas por outras consellerías en gobernos anteriores. A súa titular é María Xesús Lorenzana.

Historia[editar | editar a fonte]

A consellería de Traballo naceu xa en 1982, no primeiro goberno autonómico de Xerardo Fernández Albor. Durante estes anos mudou frecuentemente de nome e despareceu sumíndose noutras áreas. Así, entre 1986 e 1987 incorpórase a Industria, entre 1993 e 1997 á consellería de Xustiza, entre 1997 e 2003 á de Familia e entre 2003 e 2005 á de Asuntos Sociais.

Conselleiros[editar | editar a fonte]

  1. Juan Corral (1982-1986). Como conselleiro de Traballo, Seguridade Social e Emigración.
  2. Luciano Asorey (1986-1987). Como conselleiro de Traballo, Industria e Turismo
  3. Miguel Martínez Losada (1987-1990). Como conselleiro de Traballo e Benestar Social.
  4. Manuel Pérez Álvarez (1990-1991). Como conselleiro de Traballo e Servizos Sociais
  5. Xosé Antonio Gil Sotres (1991-1993).
  6. Xoán Manuel Diz Guedes (1993-1996). Como conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
  7. Xesús Palmou (1996-1997).
  8. Manuela López Besteiro (1997-2001). Como conselleira de Familia, Promoción de Emprego, Muller e Xuventude.
  9. María Xosé Cimadevila (2001-2004). Como conselleira de Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relaciones Laborais.
  10. Belén Prado (2004-2005).
  11. Ricardo Varela Sánchez (2005-2009). Como conselleiro de Traballo.
  12. Beatriz Mato (2009-2015). Como conselleira de Traballo e Benestar.
  13. Francisco Conde (2015-2020). Como conselleiro de Economía, Emprego e Industria.
  14. María Xesús Lorenzana (2020-actualidade). Como conselleira de Emprego e Igualdade.

Estrutura interna[editar | editar a fonte]

Secretarías e direccións xerais[editar | editar a fonte]

Entes adscritos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]