Francisco Conde López
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1968 Monforte de Lemos, España |
| Consellería de Economía e Industria | |
| 2012 – 2023 – María Jesús Lorenzana Somoza → | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade Complutense de Madrid |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Partido político | Partido Popular de Galicia |
Francisco José Conde López, nado en Monforte de Lemos en 1968, é un economista e político galego.
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Doutor en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense. Profesor de Estrutura Económica na Universidade San Pablo CEU dende 1995. Foi director da Aula de Estudos Europeos Robert Schuman e secretario do Instituto de Estudos Europeos. Vicedecano da Facultade de Económicas da Universidade San Pablo CEU (2002-2004), director de Relacións Internacionais (2004-2005) e vicerreitor de Relacións Internacionais (2005-2009).
Traxectoria política
[editar | editar a fonte]Trala vitoria do PP nas eleccións autonómicas do 2009, foi nomeado asesor do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. O 2 de decembro de 2012 foi nomeado conselleiro de Economía e Industria[1].
Conde converteuse nun dos conselleiros con máis peso dos executivos de Feijoo. En setembro de 2020 foi nomeado vicepresidente económico da Xunta, a carón de Alfonso Rueda[2]. O seu nome chegou mesmo a soar como sucesor de Feijoo trala dimisión deste como presidente da Xunta a inicios do 2022[3].
Baixo a presidencia de Alfonso Rueda, Conde continuou como Conselleiro de Economía até xuño de 2023, en que dimitiu para encabezar a listaxe do PP pola provincia de Lugo ás eleccións xerais[4]. En agosto dese ano converteuse en deputado no Congreso.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lombao, David (2012-12-02). "Rueda, vicepresidente dun Goberno de 'máis do mesmo'". Praza Pública. Consultado o 2025-02-14.
- ↑ "Primeira vicepresidencia dupla na Xunta dende que Feijóo foi inserido no derradeiro Goberno de Fraga". Praza Pública. 07/09/2020. Consultado o 30/06/2025.
- ↑ "Quen é quen na Xunta e no PPdeG coa marcha de Feijóo e por que Alfonso Rueda leva tres lustros sendo o mellor situado". 06/03/2022. Consultado o 30/06/2025.
- ↑ "Feijóo abre outra crise de goberno na Xunta e deixa a Rueda sen Francisco Conde, o seu vicepresidente "imprescindible"". Praza Pública. 12/06/2023. Consultado o 30/06/2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco Conde López |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Artigo biográfico Arquivado 11 de agosto de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)
- Biografía na Xunta de GaliciaArquivado 20 de setembro de 2016 en Wayback Machine. (en galego)
- Web oficial da Consellería de Economía e Industria (en galego)
- Francisco Conde López: El hombre tranquilo en la sombra pasa a la primera línea (en castelán)
| Predecesor: Xavier Guerra |
Conselleiro de Economía e Industria 2012 - 2023 |
Sucesor: María Jesús Lorenzana Somoza |
- Conselleiros da Xunta de Galicia
- Nados en Monforte de Lemos
- Nados en 1968
- Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Vicepresidentes da Xunta de Galicia
- Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Lugo
- Deputados no Congreso dos Deputados (XV Lexislatura)
- Deputados do Congreso dos Deputados polo PP