Clásicos do Pensamento Universal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Clásicos do Pensamento Universal é unha colección de literatura traducida á lingua galega que se publica dende 2002, a raíz dun convenio entre o BBVA e a Universidade de Santiago de Compostela. O proxecto está sufragado pola dita entidade bancaria, mentres que o labor de edición queda a cargo dun equipo de traballo universitario do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico[1].

O seu fondo está conformado por obras clásicas traducidas dende a lingua orixinal, tanto do ámbito científico como do humanístico e social.

Algúns dos autores cuxas obras forman parte da colección son Platón, Aristóteles, Séneca, Maquiavelo, Erasmo, Thomas More, Isaac Newton, Antoine Lavoisier, Cesare Beccaria, Darwin, Bernard, John Von Neumann, Karl Popper ou Marshall MacLuhan.

Son sempre edición críticas, precedidas dun proemio elaborado por un especialista.

O director da colección é Darío Villanueva, tras o cal figura cun comité que sopesa e decide os títulos que cómpre editar.

Títulos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Páxina web da colección, usc.gal.
  2. Ficha da obra. O PDF é descargable e pódese ler en liña.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]