Saltar ao contido

Eloxio da loucura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eloxio da loucura
 Título
Moriae Encomium, sive Stultitiae Laus Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Xénero
 Lingua
Autoría
 Autor/a
 Tradutor/a
Temática
 Tema principal
Publicación
 Data de publicación
1511 Editar o valor en Wikidata
Datas e cronoloxía
 Data de creación
1511 Editar o valor en Wikidata
 Precedido por
Identificadores
Goodreads2365807 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL31982802W Editar o valor en Wikidata
VIAF314429617 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Redes
BNE: XX2015543
Wikidata C:Commons

Eloxio da loucura (en latín Stultitiae Laus e en grego Morias Enkomium) é un ensaio escrito en latín en 1509 por Erasmo de Rotterdam e impreso por primeira vez en 1511. Foi traducida ao galego por Manuel Enrique Vázquez Buján, e editado pola Universidade de Santiago de Compostela con prólogo de Ofelia Rey Castelao. Está considerada unha das obras máis notables do Renacemento e desempeñou un papel moi importante nos inicios da Reforma protestante.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Está inspirado en De Triunfo Stultitiae polo humanista italiano Perisauli Faustino, nacido en Tredozio, preto de Forlì. Despois de escribir o ensaio nunha semana, Erasmo revisou e estendeu o traballo durante unha estancia na casa que tiña Thomas More en Bucklersbury.

Comeza cunha loa satírica (un fragmento da virtuosa loucura) ao xeito de Luciano de Samosata autor grego cuxo traballo fora recentemente traducido ao latín polo propio Erasmus e Thomas More. Despois diso, o ton escurece cunha serie de discursos solemnes, onde a loucura fai un eloxio da cegueira e da demencia, e nos cales se realiza un exame satírico de supersticións e prácticas piadosas e corruptas da Igrexa católica, así como a loucura de pedantes (incluíndo ao propio Erasmus). O autor retornara recentemente de Roma profundamente decepcionado onde se tiña queixado da evolución que viu na Curia Romana.

O ensaio está cheo de alusións clásicas, nun estilo típico dos eruditos humanistas do Renacemento. A loucura preséntase como unha deusa, filla de Plutón e da Xuventude (Hebe), creado por embriaguez e ignorancia; entre os seus compañeiros fieis atópanse: Philautia (o narcisismo), Kolakia (a adulación), Leteo (o esquecemento), Misoponia (a preguiza), Hedone (o pracer), Anoia (a loucura), Tryphe (a irreflexión), Komos (a intemperanza) e Eegretos Hypnos (o sono profundo).

Erasmo foi un bo amigo de More, con quen compartiu un gusto para o humor e outras actividades intelectuais. O título Morias Encomium, pode ser entendido como un eloxio de More. No texto abundan dobres e ata triplos significados.

Recepción

[editar | editar a fonte]

O Eloxio da loucura coñeceu un enorme éxito popular, para a sorpresa de Erasmo e, ás veces, para o seu desgusto. O papa León X encontrouna divertida. Antes da morte de Erasmo xa fora traducida ao francés e ao alemán, e pronto se seguiría unha edición ao inglés. Unha edición de 1511 que foi ilustrada con xilogravuras de Hans Holbein, que se converteron nas ilustracións máis difundidas da obra.

Influenciou na esperanza da retórica durante o século XVI, e a arte da adoxografía (o eloxio de cousas sen valor) converteuse nun exercicio popular entre os estudantes isabelinos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]