Isabel Blanco (escritora)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Isabel Blanco
Isabel Blanco (escritora).jpg
Nacemento10 de marzo de 1962
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Granada
Ocupaciónavogada e escritora
XénerosPoesía, Narrativa
editar datos en Wikidata ]

Isabel María Blanco Franco, máis coñecida como Isabel Blanco ou Isabel Blanco-Rivas (en honor ao seu avó), naceu en Vigo o 10 de marzo de 1962, é unha avogada e escritora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou dereito na Universidade de Granada e exerceu en Vigo desde 1989 como avogada especializada en Dereito Matrimonial e de Familia, en violencia de xénero e menores.[1]

Con Luz Beloso na presentación de María Viyals. Un talento rebelde, na Casa das Campás de Pontevera, 16/01/2019

Exerceu a docencia na Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados de Vigo e colaborou coa Casa da Muller de Vigo e os centros de Información da Muller de Mos e Ponteareas.[2]. No eido da avogacía participou en: Curso de Victimoloxía da Universidade de Educación a Distancia (1996), Curso Xurídico sobre Aspectos do Código Penal do Instituto de la Mujer (1997), Curso “ A Administración Local na Unión Europea. A Unión Europea e as Entidades Locais “ do Concello de Vigo (1997), Curso sobre “ Dirección e Animación de Equipos de Traballo” na Escola Galega de Administración Pública (1998), Curso de Extranxería do Colexio de Avogados de Vigo (2016).

Súa foi a idea, creación e textos da mostra Rompe, xoga en igualdade (2018)[3]. Con Irene Silva creou a exposición de poesía visual Amores que matan non son amores (2018).[4] O director de coros vasco Javier Busto compuxo música para tres poemas seus: "Vestida de frores" (Vebas Cum), "Poesía del deseo" (inédito), "Gosto dos bicos" (inédito).

Escribiu o guión da curtametraxe Manuela Romasanta de Roberto Oliveira.[5]

Obras[editar | editar a fonte]

En español[editar | editar a fonte]

  • Historias de almas inquietas (2012). Reeditado en 2014 en Belagua Ediciones. ISBN 9788494175121.[6]
  • Los mundos ajenos (2014). Belagua Ediciones. ISBN 978-8494175114.[7][8] No libro explora os sentimentos, emocións e vivencias de persoas con diferentes discapacidades.[9]

En galego[editar | editar a fonte]

  • Verbas cum (2014). Belagua Ediciones. ISBN 978-8494175138. "Estes poemas de amor que son como as augas dos regatos, repousadas nalgúns intres, e rápidas e burbullantes cando o seu curso se fai pronunciado, lense, escóitanse e tamén poden verse"[10][11]
  • María Vinyals. Un talento rebelde (2018). Ilustracións de Luz Beloso. Belagua Ediciones. ISBN 978-84-946959-7-1.[12] É unha recreación literaria da biografía de María Vinyals, nada en 1875 no castelo de Soutomaior.[13]
  • As receitas de Rosaura (2018). Ilustracións de Luz Beloso. Belagua Ediciones. ISBN 978-84-946959-4-0. É o primeiro libro da colección: "Este que tes nas túas mans / é o Libro de Receitas / que a cociñeira Rosaura / escribiu para que as aprendas. / Só tes que ir pasando as páginas / unha a unha e pouco a pouco, / parándote a ler nelas / con olmos grandes de moucho".[14] Tamén o primeiro libro infantil de receitas en galego.[15]
  • Rosaura e o mar (2018). Ilustracións de Luz Beloso. Belagua Ediciones. ISBN 978-84-946959-5-7.[16] Son versos de homenaxe a Rosaura e ás traballadoras do mar.[17]
  • Rosaura, cesteira de Mondaríz (2018). Ilustracións de Luz Beloso. Belagua Ediciones. ISBN 978-8494695988. Para coñecer o tradicional oficio dos cesteiros.[18]

Premios[editar | editar a fonte]

  • 1º premio no Concurso literario de Relatos Curtos Dunas, de Nigrán ( 2010).
  • 1º premio no Certame de narrativa breve “Carolina Planells” de Paiporta (Valencia) ( 2011).
  • 1º premio no II Concurso de Relato Corto «Mujer, Discapacidad y Empleo», convocado por la Secretaría de Política Social de CC OO de Almería.(2012).
  • Finalista Poetry Slam 2016 Vigo
  • Premio Certame de Poesía Xogos Florais 2017 Concello de Ponteareas.
  • 2º Premio Certame de Poesia Pazo da Saleta. Novembro 2017
  • 2ª Premio Certame de Microrelatos Ozoco 2018
  • 3ª Mellor libro de literaruta infantil 2017 “ As Receitas de Rosaura “ premios Fervenzas Literarias.
  • 7ª Mellor libro de literatura infantil 2018 " Rosura e o mar" premios Fervenzas Literarias.[19]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Isabel Blanco Rivas". elcorteingles.es. Consultado o 16/01/2019. 
  2. "Isabel Blanco Rivas". belgaguaediciones.com. Arquivado dende o orixinal o 17/01/2019. Consultado o 16/01/2019. 
  3. ""Rompe. Xoga en Igualdade" CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2019-01-23. 
  4. EFE. "La exposición de poesía visual "Amores que matan no son amores" llega a Vigo - ABC.es - Noticias Agencias". ABC (en castelán). Consultado o 2019-01-23. 
  5. Vigo, Faro de. "La enigmática mente de Romasanta". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2019-01-24. 
  6. Atlántico. "La abogada viguesa Isabel Blanco, en su 'mundo ajeno'". Atlántico (en castelán). Consultado o 2019-01-16. 
  7. "LOS MUNDOS AJENOS". Belagua Ediciones y Comunicación (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-16. 
  8. "Isabel Blanco-Rivas presenta na Casa de Galicia en Madrid o seu segundo libro de relatos, "Los mundos ajenos" - Actualidade - Casa de Galicia". casadegalicia.xunta.gal. Consultado o 2019-01-16. 
  9. Vigo, Faro de. "La abogada Isabel Blanco Rivas presenta un libro sobre personas con discapacidad". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2019-01-16. 
  10. "VERBAS CUM". Belagua Ediciones y Comunicación. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-16. 
  11. Vigo, Faro de. "Mondariz acoge la presentación de Verbas Cum". www.farodevigo.es. Consultado o 2019-01-16. 
  12. "María Vinyals. Un talento rebelde". belaguaediciones.com. Arquivado dende o orixinal o 17/01/2019. Consultado o 16/01/2019. 
  13. "María viyals, un talento rebelde". lecturafilia.com. Consultado o 16/01/2019. 
  14. "As receitas de Rosaura". belaguaediciones.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2019. 
  15. "Poemas para comer". farodevigo.es. Consultado o 16/01/2019. 
  16. "Rosaura e o mar". belaguaediciones.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2019. 
  17. "Versos de homenaje a Rosaura y a las trabajadoras del mar". farodevigo.es (en español). Consultado o 16/01/2019. 
  18. Vigo, V.P. "Un libro divulga la cestería en Mondariz" (en castelán). Consultado o 2019-01-16. 
  19. Redacción. "Os mellores libros do 2018". fervenzasliterarias.gal. Consultado o 2019-01-23. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]