Páramo (xeomorfoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Páramo no Parque Natural de las Hoces del río Duratón (España).

En xeomorfoloxía denomínase páramo a unha grande extensión de terreo ermo e plano situado a certa altitude,[1] moitas veces superior a 1000 msnm. Ás rexións onde abundan os páramos denomínanse parameiras.

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

Páramos nos montes Peninos (Inglaterra).

Os hábitats de parameiras abundan na África tropical, Europa setentrional e occidental, norte de Australia, Norteamérica, Asia Central e no subcontinente indio.

Características[editar | editar a fonte]

O páramo constitúe a superficie estrutural dun relevo tabular, e caracterízase por asentarse sobre solos calcarios, cunha escasa vexetación baseada xeralmente en breixos e matogueiras, con prevalencia de cultivos de secaño, unha forte amplitude térmica, ventos constantes e unha hidrografía escasa, aínda que en moitas ocasións aparecen grandes cortes do terreo polos ríos, dando lugar a canós.

Debido á súa altitude adoitan seren frecuentes as néboas en épocas chuviosas. Adoitan apareceren en zonas de media montaña e en zonas de transición entre as serras e as campiñas.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Jiménez Suárez, Sergio (1997): Diccionario visual de términos geográficos San Sebastián de los Reyes: Hiares editorial. ISBN 84-3331-086-6.
  • Martín López, José e Vázquez Maure, Francisco (1987): Vocabulario de términos geográficos. Madrid: Instituto Geográfico Nacional. ISBN 84-5054-929-4.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]