Saltar ao contido

Celso Montero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Celso Montero Rodríguez»)
Modelo:BiografíaCelso Montero
Nome orixinal(es) Celso Montero Rodríguez Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1930 Editar o valor en Wikidata
Quintela de Leirado, España Editar o valor en Wikidata
Morte18 de xuño de 2003 Editar o valor en Wikidata (72/73 anos)
Senador de España
15 de xuño de 1977 – 2 de novembro de 1989
Circunscrición electoral: Ourense
Deputado do Parlamento de Galicia
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata

Celso Montero Rodríguez, nado en Quintela de Leirado o 14 de novembro de 1930 e finado o 18 de xuño de 2003, foi un sacerdote, xornalista e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo dun emigrante en Guinea Ecuatorial. Licenciado en Teoloxía e Ciencias da Información pola Universidade Pontificia de Comillas, onde coincidiu con Jesús Aguirre, Gabino Díaz Merchán, Julián Marías e José Luis López Aranguren. En 1965 ensinou no seminario de Cochabamba (Bolivia), onde coñeceu varios compañeiros que se unirían posteriormente ao movemento revolucionario de Ernesto Che Guevara en Bolivia, en 1969 visitou A Habana. Consecuencia da súa experiencia nesta visita abandonou os seus contactos co marxismo, que iniciara da man de Régis Debray. De volta a Galicia deixou o sacerdocio. Traballou en La Región.

Militante do PSdeG-PSOE e da UXT, foi o seu refundador na provincia de Ourense a partir de 1976[1]. Concorreu na lexislatura constituínte na Candidatura Democrática Galega formada por personalidades de impronta galeguista e á que apoiou o PSdeG e que se integrou no Grupo Socialista cando foi escollido senador pola provincia de Ourense en 1977. Repetiu o cargo nos comicios de 1979, pero nas de 1982 non o conseguiu directamente, e foi posteriormente designado pola Comunidade Autónoma. En 1986 volveu saír elixido pola provincia de Ourense, e non se presentaría á releección en 1989. Foi tamén conselleiro de Traballo da Xunta preautonómica (1978-1979).

Foi tamén vicevaledor do Pobo desde 1991 ata 1995[2].

  • Cristianos en la Revolución Cubana.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]