Cochabamba (en aimará:Quchapampa; en quechua:Quchapampa) é unha cidade e concello de Bolivia que se atopa no centro do país nun val entre a cordilleira dos Andes. É a capital do departamento de Cochabamba, sendo a cuarta meirande cidade de Bolivia cunha poboación de 630587 persoas de acordo co censo de 2012.[1] O seu nome provén do quechuaqucha "lago" e pampa, "chaira aberta."[2] Os veciños da cidade e dos seus arredores son comunmente denominados "cochalas" ou, máis formalmente, "cochabambinos".