Árabe andalusí
Árabe andalusí عربي أندلسي | ||
---|---|---|
Outros nomes: | al-arabiya al-andalusīya | |
Falado en: | Al-Andalus | |
Extinción: | século XVII | |
Familia: | Semítica Semítica central Arábiga Árabe Magrebí Árabe andalusí | |
Escrita: | alfabeto árabe | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | xaa
| |
Mapa | ||
Status | ||
O árabe andalusí,[1] tamén chamado algarabía,[2] foi un dialecto da lingua árabe falado en Al-Andalus, o territorio da Península Ibérica (modernos España e Portugal) que formou parte do mundo islámico entre os séculos VIII e XV. É unha lingua morta xa que trala expulsión dos mouros no século XVII, estes integráronse coas poboacións do norte de África perdendo co tempo a súa variedade distintiva, que seguiu á conquista cristiá, pero aínda se emprega na música andalusí e exerceu unha influencia considerable nos dialectos de cidades como Tetuán, Fez, Rabat, Tánxer, Nedroma, Tilimsen, Mostaganem, Cherchell e Alxer.[3] Na Comunidade Valenciana foi a lingua predominante das rexións interiores até comezos do século XVII.
Exerceu algunha influencia no mozárabe, no castelán (particularmente en Andalucía), no ladino, no catalán, no portugués, no bérber, e nos dialectos árabe marroquí, árabe tunisiano, árabe hassani e árabe alxeriano.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para andalusí.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para algarabía.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2009. Consultado o 30 de agosto de 2016.