Vera, Almería
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
| Provincia | Provincia de Almería | ||||
| Capital | Vera | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 20.282 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 58 km² | ||||
| Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
| Altitude | 95 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Jose Carmelo Jorge Blanco (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 04620 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 04100 | ||||
| Sitio web | vera.es | ||||
Vera é un concello español da provincia de Almería, en Andalucía. Atópase a 92 km de Almería, no leste da provincia. En 2014 tiña 15.018 habitantes.
O termo municipal limita ao norte con Cuevas del Almanzora, ao sur con Garrucha, Mojácar, Turre e Los Gallardos, e ao oeste con Antas. O concello ten sete quilómetros de praia (a de Puerto Rey e a de El Playazo). Preto da costa atópase a lagoa de Puerto Rey, declarada recentemente reserva natural.
Entre os seus monumentos destacan a igrexa fortaleza da Nosa Señora da Encarnación, o Convento dos Pais Mínimos, a Capela de San Agustín, as ermidas da Nosa Señora das Angustias, San Ramón e a Virxe das Hortas, a praza de touros, a Fonte dos Catro Caños, o Cerro do Espírito Santo e a Glorieta. Ademais, en Vera hai un museo etnográfico e arqueolóxico.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vera, Almería |
