Reposteiro (decoración)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Un reposteiro[1] é un pano xeralmente cadrado similar a un tapiz, que ten plasmados emblemas heráldicos de familias ou casas nobiliarias, aínda que tamén os hai de forma rectangular ou portando outros motivos heráldicos.[2]

Na actualidade é moi utilizado polos municipios e outras institucións públicas, estando presente en salóns de plenos e estancias de importancia, e bordados cos correspondentes armoriais municipais ou institucionais.

Ademais, moitas veces cólganse de balcóns e ventás en festas e outras celebracións.

Historia[editar | editar a fonte]

Reposteiros nos balcóns da Casa Consistorial de Burgos durante a festa do Corpus (2014).

Os reposteiros xurdiron a partir do século XII, momento en que nace a heráldica tal e como a coñecemos na actualidade. Aínda que orixinariamente estiveron relacionados coas bandeiras, non tiveron a mesma utilidade ca estas. Comezaron a utilizarse con maior frecuencia a partir do século XIV, cando as familias nobiliarias o usaron como ostentación da liñaxe familiar.

Formaban parte da decoración de antecámaras e outras estancias de importancia de castelos e palacios, e ademais en tendas de campaña bélicas, carruaxes e cabalarías de víveres e equipamentos.

Ademais dos aspectos de identificación e ostentación, o reposteiro tamén tivo a finalidade de illar as habitacións do frío, do mesmo modo que os tapices, sendo unha alternativa máis económica que estes.

Os reposteiros son orixinarios de España. Algúns vestixios dos primeiros que apareceron localízanse na Catedral de San Vicente de Roda de Isábena (Huesca). Posteriormente esta peza hispana e a súa execución foise estendendo por outros países e continentes, aínda que conservando o seu carácter español.

Na actualidade o reposteiro está recollido no protocolo oficial, que sitúa esta peza no exterior de edificios institucionais.

Características[editar | editar a fonte]

Reposteiro institucional no concello de Alarcón (Cuenca).

As súas proporcións son maioritariamente cadradas, aínda que tamén poden dispoñerse en rectángulo, e o seu material é veludo ou outros tecidos nobles. Pode ser confeccionado de tres maneiras diferentes: tecido manualmente sobre bastidor, da mesma maneira que o tapiz; bordando o escudo sobre un pano xeral ou aplicando sobre este pano anacos doutros, sendo esta última maneira a máis habitual, denominada opus consultum ou bordado de aplicación.

Tomar un emblema ou outro debía facerse con sumo coidado nunha época na que a relixión era moi importante e a sociedade estaba cargada de simbolismo; sobre todo cando o emblema debía representar unha lixaxe. Existen miles de figuras heráldicas, e estas poden clasificarse en virtude de aquilo que representan: motivos xeométricos, o bestiario, a natureza ou actividades sociais. Para o caso español, estas últimas eran predominantes.

En España, a maior parte dos reposteiros encóntranse nas rexións castelá, catalá e vasca. Entre todas as figuras, hai algunhas que se repiten nos blasóns por riba das demais representacións, polo que, aínda que hai unha gran cantidade de elementos, a maioría usaban só uns poucos (sobre todo castelos, bandas, estrelas, leóns ou árbores).[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]