Carlos de Inglaterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Carlos de Gales")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carlos de Inglaterra
Prince Charles 2012.jpg
Nacemento14 de novembro de 1948
 Palacio de Buckingham
NacionalidadeReino Unido
RelixiónIgrexa de Inglaterra
Educado enAberystwyth University, Trinity College, Royal Air Force College Cranwell, Hill House School, Cheam School, Gordonstoun, Geelong Grammar School e Britannia Royal Naval College
Ocupaciónescritor, polo player, empresario, pintor, helicopter pilot, escritor de literatura infantil e aristócrata
PaiFilipe de Edimburgo
NaiIsabel II do Reino Unido
CónxuxeDiana de Gales e Camila de Cornualles
FillosGuillerme de Cambridge e Henrique de Sussex
IrmánsAna do Reino Unido, André, duque de York e Eduardo de Wessex
PremiosGrand Cross of the Legion of Honour, Ordem da Rosa Branca da Finlândia, Ordem de Santo Olavo, RSPB Medal, Grand Cross of the Order of the Star of Romania, Knight of the Order of Australia e Albert Medal
Signature of Prince Charles.png
editar datos en Wikidata ]
O Príncipe de Gales.

Charles Philip Arthur George Windsor máis coñecido como Carlos de Inglaterra, nado en Londres o 14 de novembro de 1948, é un aristócrata inglés, herdeiro ao trono do Reino Unido e da Commonwealth.

É o fillo máis vello da raíña Isabel II e do príncipe Filipe de Edimburgo. Recibe o título oficial de Príncipe de Gales, ademais dos títulos históricos de duque de Cornualles, duque de Rothesay (Escocia), conde de Carrick, barón de Rebfrew e Señor das Illas, así coma conde de Chester. En caso de reinar, usaría o nome real de Carlos III (Charles III), aínda que afirmou en varias ocasións que elixiría o nome do seu avó para reinar, neste caso sería Xurxo VII (George VII).

Casou con Diana Frances Spencer o 29 de xullo de 1981, coa que tivo dous fillos, Guillerme de Cambridge e Henrique de Sussex. O 28 de agosto de 1996 firmaron o divorcio, un ano antes da morte de Diana o 31 de agosto de 1997.

Casou de novo con Camila de Cornualles, con quen tivo relacións antes e durante o seu primeiro matrimonio, o 9 de abril de 2005.

Títulos[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Príncipe Eduardo, Duque de Cornualles
Príncipe de Gales
1958 – presente
Sucesor:
?

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]