Eduardo VIII do Reino Unido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eduardo VIII do Reino Unido
Bundesarchiv Bild 102-13538, Edward Herzog von Windsor.jpg
Nacemento 23 de xuño de 1894
  White Lodge
Falecemento 28 de maio de 1972
  Neuilly-sur-Seine
Causa cancro de larinxe
Soterrado Royal Burial Ground
Nacionalidade Reino Unido
Alma máter Magdalen College e Britannia Royal Naval College
Ocupación militar
Cónxuxe Wallis, Duquesa de Windsor
Premios Knight of the Order of the Golden Fleece, Cruz Militar, Ordem de Santo Olavo, Grand Cordon of the Supreme Order of the Chrysanthemum, Croix de guerre 1914–1918, Grand Cross of the Legion of Honour, Ordem de Miguel, o Valente, Order of St. George, 3rd class, Royal Victorian Chain e Albert Medal
editar datos en Wikidata ]

Eduardo VIII do Reino Unido, nado o 23 de xuño de 1894 e finado o 28 de maio de 1972, foi rei do Reino Unido desde o 20 de xaneiro de 1936 até abdicar o 11 de decembro no mesmo ano. Era o fillo máis vello do Rei Xurxo V do Reino Unido e da princesa María de Teck.

Como primoxénito de Xurxo V, Eduardo (coñecido por David en familia) tornouse Príncipe de Gales en 1910 despois da ascensión do seu pai. En 1930, Eduardo coñeceu a Wallis Simpson, unha americana divorciada. A relación amorosa non foi aceptada pola familia real, que recusou recibir a Eduardo na presenza dela, e resultou nun afastamento de Eduardo do pai e irmáns.

En xaneiro de 1936, Eduardo tornouse Rei e manifestou a súa intención de casar coa Mrs. Simpson. Após ver a súa suxestión de realizar un casamento morganático ser rexeitada polo Primeiro ministro Stanley Baldwin, Eduardo VIII tomou unha decisión drástica. En decembro do mesmo ano, abdica, argumentando que non sería capaz de carregar o peso da coroa sen o apoio da muller que amaba. A coroa pasou, entón, para o seu irmán mais novo, Xurxo VI e Eduardo tornouse Duque de Windsor, revertendo a súa condición de príncipe do Reino Unido.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.