Saltar ao contido

Camila do Reino Unido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaA Súa Maxestade Editar o valor en Wikidata
Camila do Reino Unido

(2019) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Camilla, Queen of the United Kingdom Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en-gb) Camilla Rosemary Shand Editar o valor en Wikidata
17 de xullo de 1947 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Lambeth, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Consorte do Reino Unido
8 de setembro de 2022 –
Membro do Consello Privado do Reino Unido
9 de xuño de 2016 –
Conselleira de Estado do Reino Unido
Grand Master of the Order of the British Empire (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaPlumpton (pt) Traducir
Middlewick House (en) Traducir
Bolehyde Manor (en) Traducir
Clarence House (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa de Inglaterra Editar o valor en Wikidata
EducaciónQueen's Gate School
University of London Institute in Paris (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor en Wikidata
Cor do peloLouro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Clarence House (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónaristócrata (2005–), activista, filántropa, secretario Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
6 de maio de 2023coroação de Carlos III do Reino Unido (pt) Traducir
9 de abril de 2005Casamento de Carlos de Gales e Camila Parker (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloQueen Consort of the United Kingdom (en) Traducir (2022–)
Duchess of Cornwall (en) Traducir (2005–2022)
Princesa de Gales (pt) Traducir (2005–2022)
Princesa británica (2005–2022) Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Windsor Editar o valor en Wikidata
CónxuxeCarlos III do Reino Unido (2005–)
Andrew Parker Bowles (1973–1995), divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosTom Parker Bowles
 () Andrew Parker Bowles
Laura Lopes
 () Andrew Parker Bowles Editar o valor en Wikidata
PaisBruce Shand Editar o valor en Wikidata  e Rosalind Shand Editar o valor en Wikidata
IrmánsMark Shand
Annabel Elliot Editar o valor en Wikidata
ParentesGuillerme de Cambridge, fillastro
Henrique de Sussex, fillastro Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
6 de maio de 2023coroação de Carlos III do Reino Unido (pt) Traducir
9 de abril de 2005Casamento de Carlos de Gales e Camila Parker (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteLentapedia Editar o valor en Wikidata
Sitio webroyal.uk… Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0993231 BNE: XX1715470 WikiTree: Shand-3 Editar o valor en Wikidata

Camila, nada en Londres (Inglaterra) o 17 de xullo de 1947, é a raíña consorte do Reino Unido e doutros catorce estados independentes que forman a Commonwealth of Nations, debido ao seu matrimonio co rei Carlos III do Reino Unido.

O seu nome de pía é Camilla Rosemary Shand, mais de 1973 a 1995, adoptou o apelido Parker Bowles, debido ao seu primeiro matrimonio co oficial militar Andrew Parker Bowles, co que tivo dous fillos. Logo de casar con Carlos III, entre 2005 e 2022, preferiu empregar o título de duquesa de Cornualla, e non o de princesa de Gales, malia a poder usalo por dereito. Camila tamén ostentaba o título de Duquesa de Rothesay en Escocia e duquesa de Edimburgo despois de que o seu marido herdase o título do seu falecido pai, o príncipe Filipe de Edimburgo.

É canda a Matilde de Bélxica, a única raíña consorte de Europa con ascendencia familiar nobre.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Orixes familiares, infancia e mocidade

[editar | editar a fonte]

Naceu o 17 de xullo de 1947 no King's College Hospital de Londres. Foi filla do militar retirado e empresario Bruce Shand e Rosalind Shand, a súa familia era de clase alta, con vínculos coa baixa nobreza británica, e a súa bisavoa, Alice Kappel, fora amante do rei Eduardo VII.[1][2]

Medrou entre a casa de campo familiar en Plumpton (East Sussex) e no barrio de Kensington (Londres). Foi alumna da novelista Penelope Fitzgerald no Queen's Gate School, onde ensinaba francés.[3] Non preparou o ingreso á universidade por decisión dos seus pais, que preferiron enviala a Suíza á escola Mon Fertile (Vaud). Logo cursou estudos de francés no Institute Britanique de París.[4]

De regreso a Londres, fixo a súa posta de longo en 1965 e traballou os seguintes anos como secretaria e recepcionista en diferentes empresas.[3] Durante estes anos tamén comezou a cultivar o seu gusto pola equitación, a pintura, a xardinaxe e a horticultura.[5]

Primeiro matrimonio e descendencia

[editar | editar a fonte]

Casou en 1973 con Andrew Parker Bowles, militar de profesión, nunha cerimonia católica. Asistiron varios membros da familia real como a propia raíña Isabel II, a raíña nai Isabel e princesa Ana.[3]

O matrimonio tivo dous fillos: Tom, nado o 18 de decembro de 1974, e Laura, nada o 1 de xaneiro de 1976. Os fillos foron educados na relixión católica do pai, mentres que Camila conservou a súa comuñón anglicana. Tom Parker Bowles é xornalista e crítico gastronómico, mentres que Laura, que adoptou o apelido Lopes por matrimonio, é galerista de arte.[6][7]

Logo de múltiples infidelidades, Camila e Andrew Parker Bowles, remataron por divorciarse en 1995.

Relación con Carlos III do Reino Unido

[editar | editar a fonte]

Coñeceu ao Carlos III do Reino Unido, entón príncipe de Gales, nun partido de polo en 1970. Segundo lembra, foi Camila quen interpelou a Carlos presentándose como a a bisneta da amante do seu tataravó.[8] Dende entón, Camila e Carlos mantiveron unha estreita amizade.

Malia a casaren con Andrew Parker Bowles e Diana de Gales respectivamente, Camila e Carlos mantiveron unha relación sentimental que se prolongou no tempo. A revelación ao público tivo lugar en 1992 coa publicación do libro Diana: Her True Story. A prensa sensacionalista atacou a Camila por esa relación extramatrimonial e, en 1993, algúns xornais publicaron a transcrición dunha conversa íntima gravada en segredo de Camila e Carlos.[9] Carlos de Gales recoñeceu o seu adulterio no documental Charles: The Private Man, the Public Role da cadea ITV en 1994 indicando que Camila era unha "querida amiga".[10] Diana de Gales tamén fixo público o seu coñecemento das relacións do seu home con Camila.[11] O divorcio de Carlos e Diana de Gales foi en 1996, un ano despois do de Camila e Andrew Parker Bowles.[12] A relación entre Carlos e Camila proseguiu nos anos posteriores malia as críticas da prensa sensacionalista.

Paralelamente, Camila asumiu dende 1994 a participación en diferentes iniciativas benéficas. Entre as que destacou o seu traballo na Royal Osteoporosis Society, centrada no combate da osteoporose e a axuda aos seus doentes; o falecemento da súa nai por esta enfermidade marcou a Camila.[13][14]

Duquesa de Cornualla

[editar | editar a fonte]

O 9 de abril de 2005, ás 12.30, Carlos e Camila casaron polo civil no concello de Windsor nun pequeno acto privado no que os fillos máis vellos de ambos cónxuxes foron as testemuñas. Posteriormente, na Capela de San Xurxo do Castelo de Windsor, o arcebispo de Canterbury ofreceulles unha benzón nunha cerimonia relixiosa á que asistiron a raíña Isabel e o príncipe Filipe, así como outros 800 convidados.[15]

Aínda que legalmente foi princesa de Gales, o día do anuncio do compromiso matrimonial, o Palacio de Buckingham anunciou que Camila levaría o título de duquesa de Cornualla, con tratamento de Alteza Real, evitando confusións e brindando respecto á falecida Diana de Gales. Usou este título en todas as partes, agás en Escocia, onde utilizou o título de duquesa de Rothesay.

A axenda pública de Camila foi aumentando conforme pasaron os anos, paralelamente foi gañando popularidade, desbotando a imaxe negativa que moitos británicos tiñan sobre ela se tiña.[16] Dende 2013 ocupa o cargo honorífico de chanceler da Universidade de Aberdeen, en Escocia,[17] e ese mesmo ano acompañou a Carlos de Inglaterra, á raíña Isabel II e ao príncipe Filipe na apertura do Parlamento británico.[18][19] En 2022, durante os festexos do 70 aniversario da chegada ao trono de Isabel II, a propia raíña expresou o seu desexo de que Camila de Cornualla gozara do título de "raíña consorte" cando o seu fixo, Carlos, fose rei.[20][21]

Recoñecida lectora, indicou que tomou este hábito do seu pai.[22] Durante a pandemia de covid-19, gañou popularidade polas súas recomendacións de libros durante os confinamentos.[23] Esta idea acabou por facer un club de lectura en liña con Camila chamado The Reading Room (sala de lectura en galego).[24]

Raíña consorte do Reino Unido

[editar | editar a fonte]

O 8 de setembro de 2022, logo da morte da Isabel II, Carlos III ascendeu o trono, sendo Camila, dende entón, raíña consorte do Reino Unido. Como tal, foi testemuña na proclamación oficial de Carlos como rei o día 10 de setembro de 2022.[25] Ademais, acompañou ao seu home no velorio da raíña defunta en Escocia e nas súas intervencións ante o Parlamento británico e as cámaras lexislativas de Escocia, Gales e Irlanda do Norte.[26][27][28]

  1. "Obituary: Bruce Shand" (en inglés). 2006-06-11. Consultado o 2022-09-12. 
  2. "Alice Keppel - National Portrait Gallery". www.npg.org.uk (en inglés). Consultado o 2022-09-12. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Brandreth, Gyles Daubeney (2006). Charles & Camilla : portrait of a love affair. London : Arrow Books. ISBN 978-0-09-949087-6. 
  4. "HRH The Duchess of Cornwall". www.princeofwales.gov.uk (en inglés). Consultado o 2022-09-12. 
  5. "Focus: The Royal Marriage". the Guardian (en inglés). 2005-02-13. Consultado o 2022-09-12. 
  6. "Profilme: Tom Parker Bowles". the Guardian (en inglés). Consultado o 2022-09-13. 
  7. "Market news". www.telegraph.co.uk. Consultado o 2022-09-13. 
  8. "Camila Parker cumple 75 años plenamente integrada en la corte". La Vanguardia (en castelán). 2022-07-17. Consultado o 2022-09-12. 
  9. "' T H E C A M I L L A G A T E T A P E S ' Full Transcript of a telephone conversation between Prince Charles and Camilla Parker Bowles". textfiles.com. 
  10. "Adultery, accusations and walkouts: when royals do TV interviews". the Guardian (en inglés). 2021-02-16. Consultado o 2022-09-12. 
  11. Tiempo, Casa Editorial El (1995-11-21). "LADY DI ADMITE QUE FUE INFIEL". El Tiempo (en spanish). Consultado o 2022-09-12. 
  12. Lyall, Sarah (1996-07-13). "Charles and Diana Agree on Divorce Terms". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2022-09-12. 
  13. "Royal Osteoporosis Society - President". theros.org.uk (en inglés). Consultado o 2022-09-12. 
  14. "Duchess Camilla recalls traumatic memory from mother's battle with life-changing condition". HELLO! (en inglés). 2021-10-25. Consultado o 2022-09-12. 
  15. "2005: Prince Charles marries Camilla" (en inglés). 2005-04-09. Consultado o 2022-09-12. 
  16. Holden, Michael (2022-09-08). "From 'Rottweiler' to Queen Consort, Camilla's rise from shadow of Diana". Reuters (en inglés). Consultado o 2022-09-18. 
  17. "Camilla unveiled as University of Aberdeen chancellor". BBC News (en inglés). 2013-06-10. Consultado o 2022-09-12. 
  18. "Camilla at Parliament Opening in Sign She’ll Be Queen". www.bloomberg.com. 8-5-2013. Consultado o 2022-09-18. 
  19. "State opening: How significant was Prince Charles's presence?". BBC News (en inglés). 2013-05-08. Consultado o 2022-09-18. 
  20. "Queen backs Camilla to be Queen Consort on Jubilee". BBC News (en inglés). 2022-02-06. Consultado o 2022-09-18. 
  21. "La reine Elizabeth II souhaite que Camilla soit reine consort quand Charles sera roi". LEFIGARO (en francés). 2022-02-05. Consultado o 2022-09-18. 
  22. "Camilla, Duchess of Cornwall Shares Childhood Memories of Reading with Her Father". Peoplemag (en inglés). Consultado o 2022-09-12. 
  23. "Let Camilla, Duchess of Cornwall Suggest Your Next Quarantine Read". Vogue (en inglés). 2020-04-14. Consultado o 2022-09-12. 
  24. "About The Duchess of Cornwall's Reading Room". Reading Room (en inglés). Consultado o 2022-09-12. 
  25. "Charles III proclaimed King at historic ceremony". RNZ (en inglés). 2022-09-10. Consultado o 2022-09-12. 
  26. "King Charles III takes the throne with the Queen Consort next to him in Parliament". HELLO! (en inglés). 2022-09-12. Consultado o 2022-09-12. 
  27. "King Charles: Scotland was a 'haven and a home' for the Queen". www.scotsman.com (en inglés). 2022-09-12. Consultado o 2022-09-12. 
  28. "King Charles and Queen Consort to make NI visit". ITV News (en inglés). 2022-09-11. Consultado o 2022-09-12. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]